jueves, 22 de diciembre de 2011

OS CUMPLES DE DECEMBRO

O pasado 12 de Decembro Nicolás cumpriu 3 anos.
Trouxo unha tarta ENORME... que acabaron degustando tamén o resto do profesorado do cole.



Ao día seguinte, Carla celebrou o seu terceiro cumpleanos.
Pasámolo moi ben.



MOITAS FELICIDADES AOS DOUS!!

martes, 6 de diciembre de 2011

VISITOUNOS A RADIO

O luns, mentres estabamos no recreo, recibimos unha visita sorpresa moi especial: un locutor de Radio Voz veunos a grabar en directo debido ao premio do Concello.

Algún neno mostrouse moi tímido e non falou pero outros explicaron (á súa maneira) jaja, como fixemos as diferentes postais, principalmente a gañadora.

Foi unha experiencia moi divertida.

SOMOS GAÑADORES !!!!

Esta semana estamos moi contentos xa que nos deron dúas novas moi boas:

- Por un lado, gañamos o primeiro premio no concurso de postais do Concello (175 € en material educativo e xoguetes para a aula).

- Polo outro, tamén resultamos gañadores do concurso de postais do colexio polo que o noso debuxo servirá para felicitar dende a escola ás familias.


FIXEMOS MOI BO TRABALLO PEQUECHOS.

SAÍMOS NO XORNAL

O día 2 de decembro o xornal La Voz de Galicia publicou o seguinte titular:

"MÁS DE 1300 DIBUJOS ESCOLARES (concretamente 1360) OPTAN A CONVERTIRSE EN LA IMAGEN DEL NADAL CARBALLÉS"

E AO DÍA SEGUINTE...

domingo, 4 de diciembre de 2011

O CUMPLE DE PAULA

O martes 29 de novembro Paula celebrou os seus 3 aniños.
Comemos un biscoito moi rico.



MOITAS FELICIDADES!!!!!!