lunes, 27 de febrero de 2012
UN NOVO PROXECTO PONSE A ANDAR
Custom Glitter Text
Este proxecto realizarase por grupos. Teremos 4 grupos: o grupo amarelo, o laranxa, o verde e o azul.
O que se pretende fundamentalmente é que os pequen@s aprendan ben a reproducir o seu nome, a diferencialo do dos seus compañeiros, a recoñecer as diferentes letras... Ademais, atenderase a todos aqueles intereses que vaian xurdindo como poden ser as características físicas de cada un, etc.
domingo, 26 de febrero de 2012
O ENTERRO DA SARDIÑA
O xoves pola tarde vivimos unha xornada moi triste: enterramos a sardiña.
Como a situación o requería asistimos ao acto vestidos de loito e foi moito o que os pequechos choraron.
En realidade, son uns grandes actores.
Como a situación o requería asistimos ao acto vestidos de loito e foi moito o que os pequechos choraron.
En realidade, son uns grandes actores.
jueves, 23 de febrero de 2012
NOTA INFORMATIVA
Por se non o sabiades, hoxe informáronme no cole que o pasado sábado os nosos nenos e nenas volveron a saír nos xornais.
Así, tanto "La Voz de Galicia" como "El diario de Bergantiños", publicaron imaxes da nosa aula cando iamos disfrazados.
Na clase eu teño un exemplar por se o queredes ver.
Así, tanto "La Voz de Galicia" como "El diario de Bergantiños", publicaron imaxes da nosa aula cando iamos disfrazados.
Na clase eu teño un exemplar por se o queredes ver.
domingo, 19 de febrero de 2012
A NOSA GRAN ACTUACIÓN
Pouco tempo tivemos para ensaiar (en realidade só nos xuntamos as 3 aulas o día anterior), pero a actuación saiu como saiu, nin máis nin menos.
Estou moi orgullosa da nosa aula pois, o balón de rugby era noso, e o noso equipo non permitiu que os equipos vermello e verde tocasen o balón.
De feito, aínda que no vídeo non se observa, na esquina esquerda do escenario creouse unha gran batalla campal, jaja. Uns 5 nenos da nosa aula loitaban por conseguir o balón. Ao final Mateo Lema actuou como todo un campión, conseguiu a pelota e botouse a correr mentres os outros o perseguían. A min polo menos resultáronme super simpáticos.
NORABOA PEQUECHOS!!!

O GRAN DÍA: O VENRES
O venres chegou e os nenos e nenas viñeron todos moi ben preparadiños. Moitas grazas familias por seguir tan ben as instruccións que vos dei.
Aquí amósovos unhas pouquiñas imaxes do día. Espero ser capaz de dar subido tamén o vídeo da nosa actuación, que non tivo desperdicio ningún, jaja.
Aquí amósovos unhas pouquiñas imaxes do día. Espero ser capaz de dar subido tamén o vídeo da nosa actuación, que non tivo desperdicio ningún, jaja.
O CUMPLE DE HUGO
O mércores, en pleno entroido, Hugo celebrou os seus 4 aniños como todo un spiderman. Trouxo unha super tarta e unhas gominolas cun silbato para cada neno, que acabáronme por tolear a cabeza, jaja.
Moitísimas felicidades grandullón!!!
Moitísimas felicidades grandullón!!!
martes, 14 de febrero de 2012
lunes, 13 de febrero de 2012
"MANDADIÑO"
Como é tradición, dende hoxe ata o xoves irémonos caracterizando atendendo ao noso "Mandadiño"
- O luns adorna a cabeciña para toda a semaniña.
- O martes San Valentín con algo vermello mándanos vir.
- O mércores trae a cara ben lavadiña e ben decoradiña.
- O xoves pon no pescozo algo fermoso.
- O luns adorna a cabeciña para toda a semaniña.
- O martes San Valentín con algo vermello mándanos vir.
- O mércores trae a cara ben lavadiña e ben decoradiña.
- O xoves pon no pescozo algo fermoso.
domingo, 12 de febrero de 2012
PREPARANDO TODO PARA O ENTROIDO
Nuns días xa está aquí o entroido e os mestres de 3 anos estamos a traballar sen parar para preparar da mellor forma posible (dentro das nosas posibilidades e habilidades) os disfraces e a actuación.
A temática, como era de esperar, é os deportes.
Eliximos disfrazar aos nenos e nenas de XOGADORES DE RUGBY E ANIMADORAS.
Á nosa aula tocoulle a cor azul e todos os nenos escolleron o rugby e as nenas, xunto ca profe, iremos de animadoras.

OS OVÍPAROS
Esta semana introducimos un novo termo ao noso vocabulario:

(animais que nacen de ovos)
Como ben sabemos os pitiños, a mamá galiña e o papá galo son ovíparos pero tamén aprendemos outros moitos animais de este tipo. Aquí volos amosamos.

Como ben sabemos os pitiños, a mamá galiña e o papá galo son ovíparos pero tamén aprendemos outros moitos animais de este tipo. Aquí volos amosamos.
domingo, 5 de febrero de 2012
O CUMPLE DE IRENE
O xoves celebramos o cumple de Irene. Pasámolo xenial: houbo biscoito, chuches e ata eu tiven a sorte de saborear uns bombóns.
Moitísimas felicidades!!!
Moitísimas felicidades!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)