lunes, 19 de marzo de 2012

FELIZ DÍA DO PAI

Co motivo do día do pai realizamos un pequeniño regalo no cole: unha camisa de "print hawaiano" cunha bonita mensaxe dentro. Despois metémola nun sobre que cada nen@ decorou cun debuxo da súa familia.


domingo, 11 de marzo de 2012

UN FERMOSO REGALO

O venres, persoal da editorial OQO fíxonos a entrega de 14 fabulosos contos que pasarán a formar parte da mini biblioteca da nosa aula. Agora tócanos elixir un deles para realizar a curtametraxe.
Foi un regalo fantástico xa que os contos son do máis interesantes e no mercado están valorados en 171,20 €.




(Estes son 5 dos libros que nos regalaron)

O CUMPLE DE ALICIA

O pasado luns celebramos o cumple de Alicia. Cada nen@ levou para casa unha bolsiña de chuches.


Moitas felicidades!!!

lunes, 5 de marzo de 2012

UNHA BOA NOTICIA

A nosa aula foi unha das 50 de toda Galicia escollidas pola Xunta para participar no concurso "Nós tamén creamos!", promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora.
Agora o que nos queda é un enorme traballo por diante.

A NOSA CANCIÓN

Aquí vos amosamos a nosa versión da canción "The final countdown", para nos titulada "E se o galo canta".
Esperamos que vos guste.

domingo, 4 de marzo de 2012

UNHA SEMANA CON XEMA E CLARA

Esta semana estivemos acompañados de 2 pitiños: Xema (a máis escura) e Clara.
Coidámolos moi ben: démoslles de comer, de beber, caricias... e démonos conta de que tan só teñen 4 dedos en cada pé. Rematamos a semana despedíndonos deles e debuxándoos.


O CUMPLE DE XABI

O primeiro día de mes celebramos os 4 aniños de Xabi.
Comemos un biscoito riquísimo e houbo regalo para todos, incluida a profe.



Moitísimas felicidades!!!

jueves, 1 de marzo de 2012

GÚSTANOS CANTAR

Ao largo desta semana fixemos un casting entre os pequechos para buscar aos solistas dunha canción moi especial.
O ano pasado, no famoso programa da TVG "LAND ROBER" versionaron unha canción do grupo Europe que nos ven moi ben para profundizar no noso proxecto. Aquí podedes ver aquela actuación e en poucos días amosaremos A NOSA PROPIA VERSIÓN.