Este ano celebramos conxuntamente o Samaín e o Magosto.
O martes 29 pola tarde os nenos/as poden vir disfrazados e a partir das 16:30 estades invitados a comer castañas.
domingo, 27 de octubre de 2013
UNHA MANUALIDADE DO SAMAÍN
O mércores pola tarde, aburríame un pouquiño, e púxenme a facer unha sinxela manualidade do Samaín: unha cabaza terrorífica.
Para realizala só se precisa:
- Chupa-chups.
- Papel de cebola laranxa.
- Limpiapipas verde.
- Rotulador negro.
Para realizala só se precisa:
- Chupa-chups.
- Papel de cebola laranxa.
- Limpiapipas verde.
- Rotulador negro.
domingo, 20 de octubre de 2013
PENEIRAMOS FARIÑA
Este martes pola tarde levamos a PENEIRA para a clase e puxémosnos a peneirar fariña de millo moída.
Así, coa peneira, separamos a fariña do relón.
Agora temos que pensar que facer coa fariña de millo...seguro que algunha receita... Xa volo contaremos!!!
Así, coa peneira, separamos a fariña do relón.
Agora temos que pensar que facer coa fariña de millo...seguro que algunha receita... Xa volo contaremos!!!
domingo, 13 de octubre de 2013
O CUMPLE DE ALBERTO
O xoves celebramos os 5 anos de Alberto.
Comemos unha tarta de "Cars" riquísima e houbo agasallos para todos: entre eles un libro-puzzle para a aula ao que seguro que lle imos dar moito uso.
Moitas grazas familia e moitísimas felicidades pequecho!

MÁIS ESPIGAS
Séguennos chegando espigas. Agora con follas e pelo. Seguimos investigándoas.
Moitas grazas familias polas vosas aportacións de espigas pero xa non precisamos máis!!! se non xa case necesitamos un hórreo!!!
Moitas grazas familias polas vosas aportacións de espigas pero xa non precisamos máis!!! se non xa case necesitamos un hórreo!!!
UNHA TARDE DE CINE
Como non podía ser doutra forma, seguimos investigando cousiñas sobre o millo e... descubrimos que as PALOMITAS que adoitamos comer cando imos ao cine... fanse con GRANS DE MILLO.
Así que...algo tiñamos que facer ao respecto.
O martes pola tarde, preparamos a máquina de facer palomitas, o millo, o sal, escollemos película e pasamos unha tarde de cine.
Así que...algo tiñamos que facer ao respecto.
O martes pola tarde, preparamos a máquina de facer palomitas, o millo, o sal, escollemos película e pasamos unha tarde de cine.
domingo, 6 de octubre de 2013
CONTINUAMOS CO PROXECTO
Seguimos traballando no noso proxecto A VACA SARA.
Esta semana descubrimos que as vacas só teñen 8 dentes e todos...
NA PARTE DE ABAIXO.

Ademais, seguimos recompilando moitas cousiñas sobre as vacas.
Con tantas espigas de millo... algo argallaremos...
Para a semana xa vos contaremos máis!

TEMPO DE LECER!!!
Despois de moito traballar durante estos días, os nenos/as tiveron algún tempo para xogar libremente e para ver algún anaco dalgunha película.
Aquí subo unhas fotos que un dos pequechos me pediu:
Aquí subo unhas fotos que un dos pequechos me pediu:
MURAL PARA O PASILLO
Fixemos un gran mural sobre o outono e puxémolo no pasillo para que todos o poidan ver.
Doulle moito traballo aos pequech@s pero quedoulles moi pero que moi bonito.
Doulle moito traballo aos pequech@s pero quedoulles moi pero que moi bonito.
PEQUENO MURAL DO OUTONO PARA A CLASE
Estes días estivemos traballando, entre outros temas, o outono.
Fixemos unha árbore mollando cortizas en témperas de cores e colgámola nun recuncho da aula.
Fixemos unha árbore mollando cortizas en témperas de cores e colgámola nun recuncho da aula.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)