miércoles, 8 de enero de 2014

Glitter Words
[Glitterfy.com - *Glitter Words*]

FESTA DE NADAL

O último día de cole fixemos unha festa na aula. Comemos sandwiches, patacas fritas, gusanitos, turrón...
Pasámolo moi ben. Ademais, recibimos unha visita moi especial: PAPÁ NOEL entrou na nosa aula e deixounos un puñado de gominolas.

VISITÁRONNOS OS REIS MAGOS

O xoves 19 de decembro pola tarde fumos visitar aos Reis Magos ao ximnasio.
Cada nen@ entregoulle a súa carta.
(Non fun capaz de sacarlle foto a todos os pequech@s)





OS TRABALLOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Neste primeiro trimestre non demos rematado o proxecto da Vaca Sara pero fixemos moitos outros traballos que levamos para casa.
A portada do traballo foi moi sinxela de facer: coloreamos, recortamos e pegamos.
Despois os traballos metémolos nunha bolsa que a personalizamos coa cara dun reno. Cada pequech@ recortou as siluetas das súas mans máis os ollos. Despois todo foi pegar.