domingo, 18 de mayo de 2014

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E O CUMPLE DA PROFE

O venres a profe fíxose un aniño máis vella.
A profe Vero sacounos varias fotos de todos xuntos e como non, houbo algún regaliño para tod@s.

Moitas grazas peques polos vosos agasallos!



Despois do recreo tomamos o petisco literario (un anaco de larpeira cun poema de Xosé María Díaz Castro).
Tras endulzar a boca, saímos ao patio para escoitar a un grupo de cantareiros de Verdillo.



VISITA AO PAZO DA CULTURA

Xa fai uns días que asistimos á exposición "Cociñado Contos" no Pazo da Cultura de Carballo. Ademais, tamén tivemos a sorte de poder disfrutar dunha obra de teatro chamada "Martes".


Aquí vos van unhas pouquiñas fotos.




lunes, 5 de mayo de 2014

EXCURSIÓN Á CASA DAS CIENCIAS

Hoxe visitamos o Planetario da Coruña.
Penso que os nen@s o pasaron ben. Aquí vos amosamos algunhas das cousiñas que vimos..




O CUMPLE DE MATEO

Aínda que Mateo F. xa fixo os 6 aniños en xaneiro...como eu estaba enfermiña non o celebramos.
O pasado mércores festexámolo e tróuxonos un agasallo a cada un de nós.



Moitísimas felicidades pitufo e moitísimas grazas!

FELIZ DÍA MAMÁS!

O mércores, tódolos peques levaron un agasallo para as súas mamis.
Esta vez fixemos un broche e unha tarxeta-regadeira cun poema.
Metemos todo nun sobre que os nenos e nenas personalizaron cun debuxo de mamá por diante, e cun debuxo das cousas que lle gustan á mamá por detrás.


Esperamos que a tódalas mamás lles gustara o regaliño.