martes, 18 de noviembre de 2014

ARRANCAMOS UN NOVO PROXECTO COS NENOS DE 3 ANOS A E 4 ANOS B

O proxecto trata sobre o CONSUMO .
Concretamente imos traballar co alumnado máis pequeno do centro o consumo en relación cos xoguetes, o xénero e a publicidade. 


Vivimos nunha sociedade na que a presión de consumo sobre os nenos é impresionante, por exemplo, a través do montón de anuncios dirixidos ao público infantil cos cousas que teñen que ter.
Os nenos teñen que aprender a valorar o que teñen. Cantas máis cousas lle deamos aos pequenos, máis insatisfeitos estarán, porque estarán fixándose máis no que non teñen que no que teñen .

Agora vouvos amosar unhas cantas imaxes dos nenos/as xogando no cole (*dado que esta semana estou de baixa...as fotos son dos meus nenos da promoción pasada e aos que boto moito de menos)







AGORA QUE XA ESTAMOS NAS PORTAS DO NADAL...
Aqueles que vivades pola zona das Pontes ou teñades pensado pasar por alí...
Seguro que haberá moitas máis campañas que esta.



E XA FALANDO DE NADAL...AQUÍ VOS AMOSAMOS UNHA VIÑETA DE HUMOR QUE REFLEXA MOI BEN O PENSAMENTO DOS MÁIS PEQUENOS.


POR ÚLTIMO, VOUVOS A PUBLICAR O VÍDEO DA NOSA ACTUACIÓN DE NADAL DO CURSO PASADO.
 FIXÉMOLA SOBRE OS ANUNCIOS PUBLICITARIOS, PROCURANDO FOMENTAR UN CONSUMO RESPONSABLE E NON SEXISTA.
SE VOS FIXADES, NO ANUNCIO DAS BONECAS DE FAMOSA, AS BONECAS SON NENOS! E DESEMPEÑARON O SEU PAPEL SÚPER ORGULLOSOS!