lunes, 11 de enero de 2016

CHEGOU O INVERNO

Amosámosvos o noso novo mural.
O inverno xa está aquí!



OS REIS MAGOS...

Non sabemos ben o que pasou na nosa aula...
Os Reis Magos collérannos 6 casilleiros... Volvemos das vacacións e tiñamos regaliños na clase (un xogo de construccións de tuberías, uns animais de enroscar, un novo balón...) pero... faltaban os casilleiros!
Hoxe, como por arte de maxia, apareceron xa no seu sitio...
TODO FOI MOI RARO!!!

Aproveito esta entrada para agradecer ás familias de Elisa e de Hugo N. por compartir con nós o premio obtido no concurso de postais do Concello.
Moitas grazas!


O CUMPLE DE DANIELA

O 27 de decembro Daniela fixo 5 anos.
O pasado venres celebrámolo no cole. Vaia tarta máis chuli...
Moitísimas felicidades e moitas gracias.




O CUMPLE DE HUGO B.

Comezamos o 2016 polo alto, festexando os cumples dos nenos que cumpliron os 5 aniños a finais de ano.
Aquí temos a Hugo B.
Moitísimas felicidades peque..e moitas grazas!







sábado, 2 de enero de 2016

A NOSA ACTUACIÓN DE NADAL

Aquí vos amosamos a nosa actuación do festival de nadal, mágoa que Valentín e Yilena estivesen enfermiños e non poideran asistir.

Actuamos en "play-back" para que se nos poidese oír ben, gravámola uns días antes na aula. A letra da canción, como non, é inventada por nós.

Esperemos que vos guste!