domingo, 23 de octubre de 2016

TRABALLO DO OUTONO

Para traballar a estación do outono fixemos unha manualidade e un pequeno libro.  Non todos os nenos teñen as mesma madurez e capacidade para realizar o traballo pero o importante foi o esforzo e a felicidade de ter os seus propios traballiños.
Ensinámosvos unhas fotos e agardamos que vos gusten!



ALGÚNS TRABALLIÑOS

Aquí vos enseñamos algúns dos traballiños que estamos facendo sobre o mercado e as formigas: pintamos un mercado, recortamos e pegamos formigas, traballamos con grans de café, preparamos un café, traballamos co champú e as burbullas, fixemos xabóns con glicerina (derretíndoa a baño María e botándolle colorante)... e seguiremos traballando así de ben.


miércoles, 19 de octubre de 2016

INVESTIGAMOS NO TERREO

Comezamos buscando formigas polo patio e pouco a pouco fómonos adentrando no mundo do mercado. Pronto vos amosaremos os nosos progresos e traballos!

O NOSO PRIMEIRO PROXECTO

A finais de setembro iniciamos o noso primeiro proxecto:


Todo xurdiu da canción de María Fumaça: O MERCADO


MERENDAS SAUDABLES

A nosa clase é un claro exemplo de merendas saudables.
É un gustazo ver o ben que merendan estes nenos/as: froita, bocadillo, iogur, etc.
Seguide así!




*Dende o teléfono móbil non se adoita ver este tipo de presentación de fotos. É preciso abrila dende un ordenador.

miércoles, 12 de octubre de 2016

O OUTONO

No mes de setembro comezou o outono. Para ambientar a aula, fixemos un traballo que pintaron varios nenos e nenas. Tamén tivemos que ir ao patio recoller moitas follas.
Este ano, dedicámoslle o noso mural ás fadas.
Así nos quedou.







CARAPUCHIÑA VERMELLA E OS 3 PORQUIÑOS













Durante o período de adaptación comezamos a traballar cos contos clásicos. Pintamos, repasamos, picamos cos punzóns...e gardamos os nosos traballiños no noso casilleiro.
Aquí vos van unhas imaxes...

*Para ver o vídeo en grande, pinchade no icono da marxe dereita onde pon a duración:

sábado, 8 de octubre de 2016

O PERÍODO DE ADAPTACIÓN

O período de adaptación é o tempo dende que o nen@ se incorpora á escola ata que se desenvolve con normalidade na mesma. Como esperaba, houbo varios choros, berros, enfados... pero tamén moitos momentos de xogo e diversión. Aquí van unhas fotos... Pronto subiremos máis.