O PERÍODO DE ADAPTACIÓN CONTINÚA. A PARTIR DO LUNS XA OS 24 NENOS E NENAS ESTARÁN XUNTOS. “A VER QUE TAL NOS VAI”.
NESTA PRIMEIRA SEMANA…
O primeiro grupo merece un aplauso, o seu comportamento está sendo bo e pouco a pouco estanse a adaptar á nova situación. Agora xa…
- facemos un tren PERFECTO,
- recoñecemos a nosa percha e “intentamos” poñer sos o mandilón, aínda que polo de agora poucos o conseguen.
- Somos capaces de estar en silencio nas asembleas ou escoitando un conto.
- Pedimos para ir ao baño e imos en orden.
- Recollemos o material/xoguetes que utilizamos.
- Imos adquirindo hábitos de limpeza.
- E pasámolo xenial.
Bravo campións!!!!
Sen embargo, no segundo grupo están xurdindo moitos máis problemas, sobre todo na chegada. O momento de separarse dos pais e nais algúns nenos non o levan NADA BEN aínda que despois na aula xa todo cambia.
- Compartimos os xoguetes.
- Divertímonos xogando.
- E mesmo traballamos.
viernes, 16 de septiembre de 2011
lunes, 12 de septiembre de 2011
O PRIMEIRO DÍA DE COLE
Ola familias!
Como era de esperar, o día de hoxe foi un día moi importante na vida dos pequechos e non todos o levaron por igual:
* Houbo algunhas lagrimiñas que ao chegar á aula foron pasando...
* Lagrimóns...
* Pero tamén houbo risas e xogos...
* E algúns ata viñeron moi traballadores.
Como era de esperar, o día de hoxe foi un día moi importante na vida dos pequechos e non todos o levaron por igual:
* Houbo algunhas lagrimiñas que ao chegar á aula foron pasando...
* Lagrimóns...
* Pero tamén houbo risas e xogos...
* E algúns ata viñeron moi traballadores.
martes, 6 de septiembre de 2011
REUNIÓN COAS FAMILIAS
Lembrade que temos a reunión coas familias
o mércores 07 de Setembro ás 10:00.
Agárdovos.
o mércores 07 de Setembro ás 10:00.
Agárdovos.
BENVIDOS AO COLE
O vindeiro día 12 de setembro empezamos o cole.
¡Vai ser un gran día para nós!
Queridos papás e mamás, recórdovos o Programa de Acollida que se vos entregou no seu momento.
Ata pronto.
¡Vai ser un gran día para nós!
Queridos papás e mamás, recórdovos o Programa de Acollida que se vos entregou no seu momento.
Ata pronto.