lunes, 25 de junio de 2012
DESPEDIMOS O CURSO.
Os nenos e nenas de 3 anos B despedimos o curso bailando xa que para o vindeiro curso xa seremos de 4.
O ÚLTIMO DÍA DE COLE
O venres rematou o cole e para celebralo viñemos tod@s moi guap@s. Ademais, vivimos unha xornada moi intensa xa que fixemos unha gran festa xunto cos nen@s de 3 anos C. Comemos chuches, gusanitos, patacas fritas, pelotazos, napolitanas, galletiñas... e unha vez fartos puxémonos a "destrozar" a clase, jaja. E como non, entre tanto nen@ era raro que non houbese algunha pelexa polo que tamén houbo algún que outro choro.
DESPEDÍMONOS DE MATEO CALZAS
Este curso tivémonos que despedir de Mateo Calzas: un neno super encantador, moi traballador, tímido... Seguro que o imos botar moito en falta.
Esperamos que o pases moi ben no teu novo cole.
Esperamos que o pases moi ben no teu novo cole.
O CUMPLE DE JAVI
O xoves pasado celebramos, por adiantado, o cumple de Javi. Pasámolo xenial.
Moitísimas felicidades campión!!!
jueves, 21 de junio de 2012
AS NOSAS CANCIÓNS PARA A FESTA
Onte, a profe colleu lapis e papel para anotar as cancións que os peques queren escoitar o venres para celebrar a festa de fin de curso.
Como algunha non a identificaba non quedou máis remedio que cantasen un pouquiño.
Algunhas delas son...
Como algunha non a identificaba non quedou máis remedio que cantasen un pouquiño.
Algunhas delas son...
miércoles, 20 de junio de 2012
XA TEMOS REMATADOS TODOS OS TRABALLOS
Xa só quedan dous días de clase e por iso xa temos todos os traballos preparados para levar para casa.
Amosámosvos as nosas portadas das actividades de lecto-escritura, lóxica-matemática e plástica.
Amosámosvos as nosas portadas das actividades de lecto-escritura, lóxica-matemática e plástica.
PARA DAR ENVEXA A OUTRAS PROFES
Hoxe recibín un regalo moi bonito das "miñas mamás": unha pulsera chulísima. Tedes moi bo gusto!!!
MIL GRAZAS!!!
MIL GRAZAS!!!
NOTA INFORMATIVA
Para ver a revista escolar do noso cole pinchade na imaxe. É moi fácil atoparnos xa que somos os primeiros.
domingo, 17 de junio de 2012
O PROXECTO: EST@ SON EU
Esta semana demos por rematado o proxecto "Est@ son eu". Aquí vos amosamos as fichas.
O NOSO ARTIGO DA REVISTA ESCOLAR
Este curso a revista "A nosa voz" só se poderá ver en formato dixital, na web do noso colexio. Desde a nosa clase realizamos un breve repaso ao curso amosando unhas imaxes e citando unhas frases. Pinchando na imaxe poderedela ver máis grande. Espero que sexades capaces de lelo.
domingo, 10 de junio de 2012
O PROXECTO FUN OVO! CHEGOU AO SEU FIN
Esta semana rematamos o proxecto Fun ovo! Foi moito o que traballamos e o que aprendemos.
EXCURSIÓN Á GRANXA O VENTOSO
O luns día 4 marchamos de excursión ata a Laracha. Visitamos a granxa O Ventoso.
Pasámolo xenial pero acabamos todos moi pero que moi cansos xa que...
- Visitamos os diferentes cabalos.
- Cepillamos e acariciamos un pony.
- Démoslle de comer.
- Visitamos o invernadoiro.
- Plantamos unha leituga.
- Démoslles de comer ás cabras.
- ...
- E como non, demos unha volta en cabalo todos menos Hugo, Nico, Javi e Paula que non quixeron.
Aquí veredes unhas poucas imaxes pero no CD que se vos entregará a final de curso irán moitas máis.
Pasámolo xenial pero acabamos todos moi pero que moi cansos xa que...
- Visitamos os diferentes cabalos.
- Cepillamos e acariciamos un pony.
- Démoslle de comer.
- Visitamos o invernadoiro.
- Plantamos unha leituga.
- Démoslles de comer ás cabras.
- ...
- E como non, demos unha volta en cabalo todos menos Hugo, Nico, Javi e Paula que non quixeron.
Aquí veredes unhas poucas imaxes pero no CD que se vos entregará a final de curso irán moitas máis.
domingo, 3 de junio de 2012
UNHA SEMANA DE MOITO TRABALLO
Esta semana a profe está moi contenta cos seus pequechos posto que foi moito o que traballaron. Cada nen@ estivo moi concentrado na súa tarefa e actuando moi autonomamente.
Nestas imaxes o comprobaredes.
Nestas imaxes o comprobaredes.