domingo, 26 de mayo de 2013

A NOSA CURTAMETRAXE

Aquí vos amosamos a curtametraxe que presentamos este ano ao concurso Nós tamén creamos!
Está realizada conxuntamente coa aula de 5 anos C e coa axuda da profe Marta.
Esperamos que vos guste a tod@s. 

       A NOITE DAS MUDANZAS

Granxeiro Leiro daba voltas e máis voltas na 
cama, pero non podía durmir: esquecera tomar o 

seu vaso de leite! Ergueuse coa idea de ir muxir 
a vaca, pero aquela era a noite das mudanzas e, 

cando chegou á corte, atopou…




   ASÍ O FIXEMOS!

O CUMPLE DE CHRISTIAN

Este venres celebramos os 5 anos de Christian.
Comemos un biscoito con chocolate que estaba riquísimo e ademais houbo chuches para todos.



Moitísimas felicidades guapetón!!!

EXCURSIÓN A MARCELLE

O martes 21 marchamos de excursión a Marcelle.


Pasámolo xenial!!!
O que máis chamou a atención dos máis pequenos penso que foi "Rudolf" (o reno de Papa Noel) e os lobos. Non obstante, todos os animais eran extraordinarios.
Os monitores tiveron bastante traballo cos nosos nen@s pero a saída mereceu a pena.


AS LETRAS GALEGAS 2013

O mércores 15 de maio celebramos no cole o día das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado foi Roberto Vidal Bolaño.
Na Educación Infantil realizamos uns marcapáxinas referidos á imaxe deste autor.


Tamén asistimos a unha sesión de contacontos na biblioteca. Pasámolo moi ben!!!



Foi un día de moito ajetreo.
Ademais de todo isto, celebramos o cumple da profe e tomamos os petiscos literarios.


Moitas grazas meus pequechos!!!



domingo, 12 de mayo de 2013

EXCURSIÓN A MARCELLE

 O martes 21 de maio iremos de excursión ao zoo de Marcelle.
 Seguro que o pasamos fenomenal.
 Xa volo diremos!!!


OS CADROS DE MIRÓ: MULLER FRENTE AO SOL

Xa están os nosos cadros de Miró expostos no pasillo do cole.
Están preciosos!!!
Moitas grazas familias pola vosa implicación.



domingo, 5 de mayo de 2013

FELIZ DÍA A TODAS AS MAMÁS!!!

Este ano para o día da nai, no cole, fixemos un agasallo moi sinxeliño: UN ABANICO para que chegue o bo tempo dunha vez!!!

Para a súa elaboración só precisamos:
- Un rolo de servilletas.
- Cartolinas (para reforzar a servilleta)
- Paus de xeado
- Rotuladores
- Cola ou pegamento forte.

Cada neno/a realizou o estampado na servilleta ao seu gusto.
Despois fixemos un sobre cun debuxo de mamá para gardalo.






Esperamos que vos gustaran moito e Feliz día!

CAMBIO DE PROXECTO

Fai unhas semanas que vos dixemos que iamos traballar co conto "O Gato Lambón" pero ... atopamos un tema que nos intrigaba moito e non o podiamos deixar sen traballar.


Un insecto, tamén chamado vagalume, ou luciérnaga en castelán.
Agora estamos a investigar a interesante vida destes pequenos animais.




Para a curtametraxe de Nós tamén creamos! fixemos un.
Aquí volo amosamos.