domingo, 24 de noviembre de 2013

O CUMPLE DE CLARA

O mércores celebramos os 5 aniños de Clara.
A súa mamá fíxonos unha tarta riquísima e houbo regaliños para todos e todas.




Moitísimas felicidades guapetona e moitas grazas familia!

domingo, 17 de noviembre de 2013

RECIBIMOS A MENCIÓN ESPECIAL POLA NOSA CURTAMETRAXE

O venres, a profe Verónica máis eu, xunto con algúns nen@s e familiares, asistimos á entrega dos premios de Nós tamén creamos!, celebrada no Museo Pedagóxico Galego de Santiago de Compostela.

A nosa curtametraxe "A noite das mudanzas" recibiu unha mención especial pola expresividade e a espontaneidade lingüistica, así como pola composición estética.

O acto foi presidido polo Conselleiro de Educación (Xesús Vázquez Abad), a directora da Televisión de Galicia (Rosa Vilas), o Secretario Xeral de Política Lingüística (Valentín García), o Subdirector Xeral de O.U. e Innovación Educativa (Manuel Vila) e a representante de OQOeditora (Eva Mejuto).

Da presentación do acto encargáronse Os Sete Magníficos máis Un, un dúo de actores que habitualmente se poden ver no programa Luar.

Penso que foi unha experiencia diferente e bonita tanto para min como para os pequech@s.


                                          Fotografía co Conselleiro de Educación


                                                          Mesa presidencial


                                                     Os presentadores do acto


Tivemos moi bo recibimento: deixáronnos subir a tod@s ao escenario, a Editorial OQO regalounos un lote de libros, a TVG tamén nos entregou un agasallo que abriremos mañá todos xuntos na aula... e a profe Verónica máis eu tamén lles mercamos un afialapis a cada neno/a para que lles quede de recordo.


Agora amosámosvos o vídeo que saíu no telexornal mediodía, no que se ven algúns dos nosos pequechos e diferentes fotografías que nos sacou a mamá de Adrián (cando eu estaba no escenario).









Por último dicir que ... OS NOSOS PEQUECHOS PORTÁRONSE FENOMENAL, ATA O CONSELLEIRO QUEDOU SORPRENDIDO!
De feito, nesta imaxe estoume rindo con el porque preguntoume que qué lles prometera para que estivesen tan caladiños, tan ben sentados e atentos. 



Familias, foi todo un pracer poder contar con vós.

domingo, 10 de noviembre de 2013

A GRANXA DE LANGUEIRÓN

O venres puxemos as botas de goma, chubasqueiros, roupa de abrigo e marchamos para Ponteceso.
Alí estábanos agardando Teresa, a dona dunha enorme granxa de vacas.

Pasámolo moi ben. Penso que o que máis lle gustou aos pequechos foi darlles o biberón aos cuchos.



Aquí van máis fotos...




Dende aquí doulle as grazas á granxa polo recibimento que tivemos.

NOTA INFORMATIVA

Cando se accede ao blog dende un teléfono móbil non se poden ver as diapositivas con fotos que hai subidas.
Para velas precísase entrar dende un ordenador.


FIN DO SAMAÍN

Para rematar o Samaín, o equipo de normalización lingüística entregou un diploma a todos aqueles nenos e nenas que participaron traendo a súa cabaza ao colexio mais un antiface.





lunes, 4 de noviembre de 2013

NOTA INFORMATIVA

O venres día 8 de novembro iremos de excursión á Granxa de Langueirón (Ponteceso)


FESTEXAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO

A tarde do martes 29  foi unha tarde de festa por todo o alto.
Creo que as palabras sobran, basta con ver as imaxes...



Coma sempre, moitas grazas familias pola vosa participación e implicación.



A CABAZA DA NOSA AULA

Este ano preparamos entre todos unha cabaza para o Samaín.

Decidimos facer un gato negro xa que é o animal preferido das bruxas e que dá moi pero que moi MALA SORTE!!!  
Ademáis, é un animal mamífero, igual que as vacas (seguindo traballando así no noso proxecto).

Entre todos buscámoslles un nome aos nosos dous gatiños: Colmillo e Bigotes.







AS CABAZAS DOS PEQUECHOS E PEQUECHAS

Aquí vos amosamos algunhas das cabazas que os nenos/as de 5 anos B trouxeron para o colexio.

Ante todo familias, moitas grazas pola vosa participación e imaxinación.





CABAZA CON MILLO

Posto que aínda tiñamos moitísimo millo na aula, decidimos facer unha CABAZA CON GRANS.

Os nenos e nenas debullaron as espigas e logo foron pegando os grans nun círculo de cartón.
Por último pegóuselle uns ollos, unha boca, dúas follas e... LISTO!




O CUMPLE DE PABLO

O pasado luns celebramos os 5 anos de Pablo.
Comemos un biscoito riquísimo e moi bonito, feito pola súa mamá.
Despois houbo chuches do Samaín para tod@s.




Moitísimas felicidades pitufo!!!