domingo, 23 de marzo de 2014

O DÍA DO PAI

O pasado mércores 19, tódolos pequech@s levaron un agasallo para os seus papis.
Este curso fixemos un chaveiro (con pasta de modelar de sacado ao aire) e unha tarxeta moi sinxela que logo metemos nun sobre que os nenos e nenas personalizaron debuxando por diante aos seus papás e por detrás as cousas que lles gustan aos seus papis.

Esperamos que a tódolos papás lles agradara o regaliño. Os peques fixérono con moito cariño e ilusión!



domingo, 16 de marzo de 2014

O CUMPLE DE LUCÍA

O venres, con un pouquiño de retraso, celebramos os 6 aniños da nosa pequecha Lucía.
Comemos un biscoito riquísimo e houbo chuches e un agasallo sorpresa para tod@s.




Moitísimas felicidades pitufa!!!

A EXCURSIÓN AO MONTE

O mércores puxemos katiuskas, gorras e marchamos para o monte. Non era un monte calquera... era o "BOSQUE DOS CONTOS".

Previamente á saída, na aula, coloreamos e explicamos o itinerario que deberíamos seguir para ir polo camiño correcto xa que por alí tamén estaba... a casiña de chocolate...a casiña da bruxa regañadentes...a casa do lobo de carapuchiña vermella...a casa do gato Pelado (do conto Cocorico)... o camiño da mina... e non nos podiamos equivocar de camiño!!!

No monte vimos un dos carballos máis vellos da zona... plantamos o noso carballo... atopamos pegadas do lobo (jeje), merendamos entre piñeiros, castaños e carballos... e rematamos a saída atopando un dos tesouros da mina: moedas de chocalate que aínda nos andamos preguntamos de quen serían...

Penso que o pasamos tod@s moi ben!!!

                                                    Aquí vemos a Pablo todo equipado
                                                                    (co mapa, coas botas, gorra...e ata un pau)





domingo, 9 de marzo de 2014

NOTA INFORMATIVA

Este mércores realizaremos unha saída ao MONTE.
Lembrade, a roupa e calzado debe ser cómodo!


O CUMPLE DE ALICIA

Estes días non demos feito cos cumples, jeje.
O venres tocoulle a Alicia. Festexamos por todo o alto os seus 6 anos.
Comemos tarta e houbo agasallos para tod@s.




Moitísimas felicidades pitufa!


O CUMPLE DE XABI

Este xoves celebramos os 6 aniños de Xabi.
Como non podía ser doutra forma, houbo tarta e chuches para tod@s.




Moitísimas felicidades pequecho e moitas grazas!

DISFRAZÁMOSNOS!

Aquí unhas cantas imaxes...




CUMPLIMOS CO MANDADIÑO

Como manda a tradición, os pequechos e mestr@s, cumplimos co mandadiño ao pé da letra.
O luns con algo na cabeza, o martes tamén coa cara pintada, o mércores con algo no pescozo e o xoves con algo bonito nos pés.


miércoles, 5 de marzo de 2014

O ENTROIDO 2014

Durante a semana pasada, como xa ven sendo tradicional, cumplimos co MANDADIÑO e o XOVES pola tarde foi unha xornada de disfraz libre. EN BREVE SUBIREI AS IMAXES.

De momento, aquí vos deixo un  pequeno vídeo (aínda que de baixa calidade) do xoves tarde.
LARA (de negrita) e CHRISTIAN (de Elvis)...dándolo todo! jeje.



O venres tocoulle a quenda ao disfraz de MOUCHOS (dado que o tema era o monte...).
Aquí vos deixo o noso ensaio na aula e a nosa actuación.



O CUMPLE DE HUGO

O luns pasado celebramos os 6 aniños de Hugo.
Pasámolo xenial, comemos un biscoito riquísimo e houbo chuches e un agasallo para tod@s.




Moitas felicidades grandullón e moitas grazas!