domingo, 8 de marzo de 2015

ENTROIDO 2015

Este curso escolar a temática do entroido foi libre (así se decidiu nun claustro de profesores).
Dado que na Educación Infantil estabamos habituados a vir o xoves pola tarde disfrazados libremente, este curso cambiamos a nosa forma de celebrar esta festa.
O xoves pola tarde, as mestras de Infantil actuamos para os máis pequenos. Decidimos representar un dos contos que narrei no meu taller de "Cantos e Contos": "O señor Ramón e a señora Ramona".

¡RIC-RIC-RIC!...
Aquel ruído non paraba, e a señora Ramona colleu medo.. –Ramón...! Esperta, home!
O señor Ramón, por fin, abriu os ollos. –Que foi? –Anda alguén na cociña, Ramón!

 Tamén fixemos un desfile de máscaras por aulas, máscaras que as tutoras realizaron cos seus alumnos/as. Quedáronlles moi bonitas!

Aquí vos amoso un par de vídeos de esa tarde... Esperamos que vos guste!





MANDADIÑO 2015

Este ano, o noso Mandadiño levou o nome da Carmiña.
Os pequechos e pequechas cumprírono ao pé da letra.