domingo, 27 de noviembre de 2011

AS NOSAS POSTAIS

Esta semana realizamos diferentes postais de Nadal para participar nos concursos tanto do Colexio coma do Concello. A temática que o colexio fixou para este curso foi o deporte.

Aquí volas amosamos:

domingo, 20 de noviembre de 2011

O CUMPLE DE CLARA

O venres celebramos os 3 aniños de Clara.



Os papás de Clara trouxéronnos unha tarta de chocolate riquísima.


MOITAS FELICIDADES!!!!

NESTA SEMANA DE COLE...

Seguimos co proxecto. Un dos temas que tratamos foron os corchos (para que serven, de onde proveñen, o seu tamaño...) e decidimos facer unha manualidade que tiña como base este material. Para facela necesitamos:

- Un corcho grande.
- Media bola de poliespán.
- Gomets brancos.
- Gomaeva.
- Témpera vermella e laranxa.


Así, quedáronnos unhas setas chulísimas.

domingo, 13 de noviembre de 2011

O MAGOSTO

O xoves pola tarde celebramos o magosto.
Aproveito para dar as grazas ás familias pola súa colaboración tanto traendo castañas como acompañándonos na celebración.


AO LARGO DESTA SEMANA...

Seguimos traballando co noso proxecto Oooh! Hai uvas, realizando diferentes actividades divertidas.
Así, por exemplo, fixemos o número 1 coas ramiñas da vide.

lunes, 7 de noviembre de 2011

NOTA INFORMATIVA

FACEMOS ZUME



O Venres 4 de novembro decidimos facer un zume de uvas para coñecer o seu sabor.

O encargado do día amosounos a cesta que tiña as uvas.


Preparamos todo para facer o zume e puxémonos a traballar:

1- Sacamos as uvas do racimo.


2- Lavamos as uvas, remexéndoas ben na auga.


3- Metemos as uvas na licuadora.


4- Por último probamos o zume e brindamos con el.


MMMMMM...!!!!! ESTABA BOÍSIMO!!!!!
MOI, PERO QUE MOI DOCE.

O NOSO PRIMEIRO PROXECTO


Durante este primeiro trimestre estamos a traballar coas uvas, unha froita típica do outono.

CHÁMOME PEPE


O xoves 3 de novembro bautizamos ao noso vermiño, quen nos vai acompañar ao longo do curso.
Para decidir o nome fixemos unha asemblea onde saíron diferentes propostas: Manolito, Dragón, Pipo... pero nunha votación gañou o nome de PEPE. Gañou grazas aos votos de Alberto, Alicia, Hugo, Pablo, etc, etc.

Tamén neste día incorporouse unha nova nena á aula: ÁNGELA.
AGORA XA SOMOS 25!!!!!

Tras un mes e medio de baixa... O blog continúa