domingo, 20 de noviembre de 2011

NESTA SEMANA DE COLE...

Seguimos co proxecto. Un dos temas que tratamos foron os corchos (para que serven, de onde proveñen, o seu tamaño...) e decidimos facer unha manualidade que tiña como base este material. Para facela necesitamos:

- Un corcho grande.
- Media bola de poliespán.
- Gomets brancos.
- Gomaeva.
- Témpera vermella e laranxa.


Así, quedáronnos unhas setas chulísimas.