O conto que a aula de 5 anos C e 4 anos B xunto coa profe Marta escollemos para facer a curtametraxe do concurso Nós tamén creamos! é "A noite das mudanzas".
Xa realizamos moitísimas manualidades e traballos para os escenarios e esta semana comezaremos a gravar cos pequechos.
O venres Blanca tróuxonos o conto da súa casa. Como non, volvémolo a ler.
Alégrome moito de que os nenos/as teñan contos deste tipo na casa.
domingo, 21 de abril de 2013
O GATO LAMBÓN
Neste trimestre comezamos a traballar co conto: O Gato Lambón.
Con el incorporaremos no noso traballo as vogais en minúscula.

O CUMPLE DE BLANCA
O mércores celebramos por todo o alto o cumple de Blanca.
Tróuxonos unha tarta preciosa e o mellor, RIQUÍSIMA!!! Ademais houbo chuches...
Papis e mamis, non vos estrañedes se ese día os nenos/as non xantaron moito!
Moitas felicidades pequecha e moitas grazas!!!

TEMOS CEBOLAS NA AULA
A mamá de Alberto deunos tres cebolas plantadas. Moitas grazas!
Témolas na fiestra pa que reciban a luz do sol. O outro día estivémolas observando detidamente. Vimos que a algunha xa lle empezan a saír as raíces por debaixo do tarro pero vaia sorpresa levamos... Ao levantar outro dos tarros vimos que había nel unha lesma: ensinounos os seus cornos, recolleuse...ao final botámola fóra para que non nos comese o noso cebolo.

domingo, 14 de abril de 2013
O CUMPLE DE MICHEL
O luns celebramos os 5 anos de Michel.
Comemos un biscoito riquísimo e houbo chuches para todos.
Moitas felicidades pequecho!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)