O conto que a aula de 5 anos C e 4 anos B xunto coa profe Marta escollemos para facer a curtametraxe do concurso Nós tamén creamos! é "A noite das mudanzas".
Xa realizamos moitísimas manualidades e traballos para os escenarios e esta semana comezaremos a gravar cos pequechos.
O venres Blanca tróuxonos o conto da súa casa. Como non, volvémolo a ler.
Alégrome moito de que os nenos/as teñan contos deste tipo na casa.