O NOSO SEGUNDO PROXECTO
Durante esta primeira semana de cole, tralas vacacións, puxémonos a artellar no noso segundo proxecto: ¿QUE PODE SAIR DUN OVO?.
Na asemblea saíron ideas do máis diversas: unha tortilla, filloas, unha pedra, ... e Mateo C. dixo que tamén podía saír un pitiño.
A asemblea foi super divertida.