domingo, 19 de febrero de 2012

A NOSA GRAN ACTUACIÓN

Pouco tempo tivemos para ensaiar (en realidade só nos xuntamos as 3 aulas o día anterior), pero a actuación saiu como saiu, nin máis nin menos.

Estou moi orgullosa da nosa aula pois, o balón de rugby era noso, e o noso equipo non permitiu que os equipos vermello e verde tocasen o balón.
De feito, aínda que no vídeo non se observa, na esquina esquerda do escenario creouse unha gran batalla campal, jaja. Uns 5 nenos da nosa aula loitaban por conseguir o balón. Ao final Mateo Lema actuou como todo un campión, conseguiu a pelota e botouse a correr mentres os outros o perseguían. A min polo menos resultáronme super simpáticos.

NORABOA PEQUECHOS!!!