Moitas felicidades a todas as mamás. No cole para este día realizamos uns regaliños: unha especie de matriuska (boneca rusa) simulando a unha carapuchiña vermella que vestimos de acordo coas cores das nosas mesas (amarelo, laranxa, verde e azul) e unha tarxeta coa silueta da man para lembrarlles ás mamás o moito que as queremos.
Espero que vos gustaran.