lunes, 11 de febrero de 2013

VAIA SUSTO!!!

O xoves pola mañá, mentras tomabámola merenda, escoitamos moi forte PUM, PUM, PUM, PUM... na porta.
Xa nin me lembro que neno foi abrir pero con quen nos atopamos...

                                                        CO HOME DO SACO


¡Viña buscar aos nenos e nenas que se portan mal!
O home do saco colleu a dous nenos da nosa clase e meteunos no seu enorme saco.
Pufff...que medo!!!, se os vedes suplicar que se ían portar ben...aínda non o creo, jaja.
Algún neno/a pasou auténticos momentos de medo, con decirvos que algún despois non quería nin saír ao recreo...
Cando descubriron que era a profe Carmiña... puxéronse a rir pero os momentos de medo que viviron ninguén llelos quita.
Sen dúbida, quen peor o pasou foi Paula,que ata se escondeu debaixo da mesa.


Pobriña, pero en xeral creo que foi unha experiencia moi boa.