A mamá de Alberto deunos tres cebolas plantadas. Moitas grazas!
Témolas na fiestra pa que reciban a luz do sol. O outro día estivémolas observando detidamente. Vimos que a algunha xa lle empezan a saír as raíces por debaixo do tarro pero vaia sorpresa levamos... Ao levantar outro dos tarros vimos que había nel unha lesma: ensinounos os seus cornos, recolleuse...ao final botámola fóra para que non nos comese o noso cebolo.