Aquí vos amosamos o noso debuxo que gañou o concurso de postais do colexio.
Resultou moi doado facelo. Pintamos o fondo con témpera azul, o tronco da árbore de marrón e con bastonciños de algodón fumos poñendo boliñas de diferentes cores á árbore.
Por último deille unha capa de spray branco para que semellase a neve.
Bo traballo pequech@s!