Levamos xa un tempo traballando con OCTAVIO, un polbo que se lamenta de todos os seus bens... Octavio non quere ser un polbo! da editorial OQO.
Un ano máis quixemos participar no concurso Nós tamén creamos!, este ano introducido no Plan Proxecta da Xunta e que rematou este fin de semana cunha xornada presencial para o profesorado en Santiago de Compostela.
Aquí vos amoso o resultado da nosa curta.
*(Tanto a min como a Ana (mestra de P.T.) gustaríanos que o resultado fose moito mellor pero coma sempre a falta de teeemmmpooo!!! e o traballo que nos supuxo traballar co plan proxecta non nos dou para máis).