sábado, 31 de enero de 2015

OS XOGUETES E O XÉNERO

A profe Vanesa, a profe Verónica máis eu seguimos traballando arreo no proxecto sobre o consumo.
Fixemos uns cantos traballos nos que os nenos/as nos indicaron cáles eran os seus xoguetes preferidos.
No primeiro dos casos, a foto, é da aula de 4 anos B. A mestra deulle un gomet a cada alumno/a e estes tiñan que escoller un daqueles catro xoguetes, un só.
Os gomets vermellos son os das nenas e os gomets verdes son os dos nenos. Non nos resulta raro verdade?



Xa en 3 anos, tamén a maioría dos nenos/as fan as típicas separacións sexistas de xoguetes.
Na seguinte imaxe podemos ver como a nena escolle un xoguete "típico" de nenas como é a boneca e dous xoguetes que podemos considerar "de ambos sexos" como son unha tablet e unha bicicleta.
Non obstante, os xoguetes que se consideran "típicos" de nenos como son os coches, non lle interesan.