lunes, 11 de enero de 2016

OS REIS MAGOS...

Non sabemos ben o que pasou na nosa aula...
Os Reis Magos collérannos 6 casilleiros... Volvemos das vacacións e tiñamos regaliños na clase (un xogo de construccións de tuberías, uns animais de enroscar, un novo balón...) pero... faltaban os casilleiros!
Hoxe, como por arte de maxia, apareceron xa no seu sitio...
TODO FOI MOI RARO!!!

Aproveito esta entrada para agradecer ás familias de Elisa e de Hugo N. por compartir con nós o premio obtido no concurso de postais do Concello.
Moitas grazas!