"FARIÑA DE MILLO"...dixo rapidamente Javi G.
Ao día seguinte, Paula e Irene trouxéronnos unhas espigas novas deste ano.
Estivemos manipulando todas as espigas: vimos como as novas aínda están algo húmidas e aínda non teñen os grans amarelos de todo... pero vaia sorpresa levamos coas vellas!!!.........de estar tanto tempo na aula saíulles a mosca do millo, na miña terra coñecida como "abelaíña".
Sacámoslle uns cantos grans e coa axuda dun martelo intentamos facer fariña de millo para a vaca Sara.