domingo, 22 de septiembre de 2013

FACEMOS O MURAL DA VACA SARA

Como non podía ser doutra forma, todos quixemos facer a nosa vaca Sara.

Para realizala usamos pratos de plástico; folios rosas, laranxas e brancos; gomets brancos que coloreamos de negro; ceras negras para colorear o pelo; tesoiras e pegamento.

O fondo decidimos que fose de cor verde, xa que as vacas adoitan estar nos prados, así que con témpera verde e pinceis puxémosnos mans á obra!!!