sábado, 31 de enero de 2015

TALLER DE CANTOS E CONTOS

Este curso, unha parte do meu horario, está dedicado a narrar contos nas 8 aulas de Educación Infantil.
Para iso, utilizo unha vella maleta que leva o nome de"Cantos e Contos" ou o teatrillo. Tamén usarei marionetas.
En moitos dos contos, ademais de narrar unha historia, tamén cantamos unha canción. É o caso, por exemplo, dos contos de Cocorico, Boas noites Bufo, La pequeña oruga glotona, etc.
Primeiro sempre narro eu o conto e despois son os propios nenos/as quen lles contan a historia aos compañeiros/as. Para rematar, cada neno/a fai unha ficha sobre o conto.

Aquí van algúns dos contos que levamos traballado: Cocorico; Boas Noites, Bufo; O cascabel da gata; La pequeña oruga glotona; O señor Ramón e a señora Ramona... e continuaremos!















OS XOGUETES E O XÉNERO

A profe Vanesa, a profe Verónica máis eu seguimos traballando arreo no proxecto sobre o consumo.
Fixemos uns cantos traballos nos que os nenos/as nos indicaron cáles eran os seus xoguetes preferidos.
No primeiro dos casos, a foto, é da aula de 4 anos B. A mestra deulle un gomet a cada alumno/a e estes tiñan que escoller un daqueles catro xoguetes, un só.
Os gomets vermellos son os das nenas e os gomets verdes son os dos nenos. Non nos resulta raro verdade?



Xa en 3 anos, tamén a maioría dos nenos/as fan as típicas separacións sexistas de xoguetes.
Na seguinte imaxe podemos ver como a nena escolle un xoguete "típico" de nenas como é a boneca e dous xoguetes que podemos considerar "de ambos sexos" como son unha tablet e unha bicicleta.
Non obstante, os xoguetes que se consideran "típicos" de nenos como son os coches, non lle interesan.


viernes, 30 de enero de 2015

O NADAL E O CONSUMO, O XÉNERO E A PUBLICIDADE

Chegou o NADAL, e con el unha das épocas do ano nas que a sociedade se volve máis consumista.
Os peques da casa son, en gran parte, os "culpables" destes enormes gastos, en moitos casos, innecesarios.
Aquí vos imos amosar só un par de cartas dos Reis Magos dos máis peques. Como non, xa están condicionados polo xénero e pola publicidade.

Estas dúas cartas son de dous nenos/as de 3 ANOS. Creo que xa non fai falta mirar o nome para saber cal é a da nena e cal é a do neno!


O mesmo ocorre en 4 anos... A primeira é un neno e a segunda dunha nena.


*Non obstante, faremos un estudo detido de cada unha das cartas dos nenos de 3 e 4 anos.

Quero acabar esta entrada do blog coa imaxe dunha carta dunha nena de 4 anos:

Isto si que é consumismo! Porque non collía máis no folio que senon pegaría o catálogo completo!!!


O NADAL

Chegou o Nadal, e con el motísimas actividades e festas.
As aulas participaron no concurso de postais, fixeron adornos típicos desta data, escribiron as cartas aos Reis Magos, entregáronnas... e como non, tivemos o festival de Nadal e chocolatada con churros.
Aquí van unhas poucas imaxes:

          Dúas postais de infantil finalistas do concurso.





          Algúns traballos de Nadal.

          Cartas aos Reis Magos.


          Visita dos Reis Magos.




          Festival de Nadal.


          E chocolate con churros. Mmmm...que boísimos estaban!