sábado, 31 de enero de 2015

TALLER DE CANTOS E CONTOS

Este curso, unha parte do meu horario, está dedicado a narrar contos nas 8 aulas de Educación Infantil.
Para iso, utilizo unha vella maleta que leva o nome de"Cantos e Contos" ou o teatrillo. Tamén usarei marionetas.
En moitos dos contos, ademais de narrar unha historia, tamén cantamos unha canción. É o caso, por exemplo, dos contos de Cocorico, Boas noites Bufo, La pequeña oruga glotona, etc.
Primeiro sempre narro eu o conto e despois son os propios nenos/as quen lles contan a historia aos compañeiros/as. Para rematar, cada neno/a fai unha ficha sobre o conto.

Aquí van algúns dos contos que levamos traballado: Cocorico; Boas Noites, Bufo; O cascabel da gata; La pequeña oruga glotona; O señor Ramón e a señora Ramona... e continuaremos!