Chegou o NADAL, e con el unha das épocas do ano nas que a sociedade se volve máis consumista.
Os peques da casa son, en gran parte, os "culpables" destes enormes gastos, en moitos casos, innecesarios.
Aquí vos imos amosar só un par de cartas dos Reis Magos dos máis peques. Como non, xa están condicionados polo xénero e pola publicidade.
Estas dúas cartas son de dous nenos/as de 3 ANOS. Creo que xa non fai falta mirar o nome para saber cal é a da nena e cal é a do neno!
O mesmo ocorre en 4 anos... A primeira é un neno e a segunda dunha nena.
*Non obstante, faremos un estudo detido de cada unha das cartas dos nenos de 3 e 4 anos.
Quero acabar esta entrada do blog coa imaxe dunha carta dunha nena de 4 anos:
Isto si que é consumismo! Porque non collía máis no folio que senon pegaría o catálogo completo!!!