domingo, 29 de abril de 2012
A NOSA VERSIÓN DO CADRO DE KANDINSKY
Como en toda a aula só nos quedaba un anaquiño por decorar decidimos realizar un cadro.
O autor elixido foi Kandinsky e o cadro "concentrics", pero ao igual que fixo o pintor catalán Ricardo Gómez de Cádiz, a nosa versión centrámola no proxecto "Fun ovo!" e chamámola "Ovos fritos", aínda que como algún neno dixo, tamén semellan margaridas,jaja.
Foron os propios nen@s quen recortaron as formas que pegamos superpoñéndoas aínda que na imaxe non se percibe.
Aquí vos amosamos o cadro orixinal, a versión de Ricardo Gómez e a nosa propia versión.
NOTA INFORMATIVA
A profe Cati, o profe Óscar e máis eu estamos programando unha excursión para o día 4 de xuño ao Ventoso (na Laracha). En breve recibiredes máis información.
O DÍA DO LIBRO
O luns 23 celebramos o día do libro. Tivemos a sorte de que as mestras de primaria nos convidaran a todos os nen@s de 3 anos a escoitar os contos e historias que os alumn@s participantes no concurso "Tíralle da lingua" representaron este xoves en Santiago. Do mesmo xeito, dende o equipo da biblioteca, a profe Belén deunos un marcapáxinas para cada nen@ cunha ilustración do escritor que será homenaxeado nas Letras Galegas este ano: Valentín Paz Andrade.
domingo, 22 de abril de 2012
TALLER DE COCIÑA
Para aqueles visitantes do blog que non sodes papás nin mamás dos nosos nen@s infórmovos que, neste último trimestre continuamos traballando co proxecto "Fun ovo!" e á vez co proxecto "Est@ son eu". E que nos quedaran tantas cousas por investigar... que non o podiamos dar por rematado.
O venres, tal e como lles prometera aos pequech@s,tocou cocer ovos. Previamente, o xoves, realizamos unha asemblea para anotar todo o necesario: auga, pota, cociña e como non, os ovos. Así que, mans á obra!!!
1º Botámoslle auga á pota e puxémola ao lume.
Mentres tanto, estivemos manipulando os ovos e observándoos detidamente xa que non só cocemos ovos de galiña, tamén de codorniz.
2º Agardamos a que a auga fervese e botamos os ovos á pota con coidado.
3º Esperamos a que estiveran cocidos (10 minutos) e apagamos o lume.
4º Botámolos en auga fría e comezámolos a escascar (a verdade con moita maña).
5º Lavámolos.
6º Comémolos mentres repasabamos que parte se chama clara e xema.
Estaban boísimos!!!
Aquí vos amosamos outras imaxes.
O CUMPLE DE BLANCA
O martes Blanca celebrou no cole os seus 4 aniños.
Comemos unha tarta de galleta riquísima, houbo chuches e un fermoso debuxo para a profe.
Moitísimas felicidades!!!
domingo, 15 de abril de 2012
O CUMPLE DE MICHEL
O martes celebramos o cumple de Michel, que xa fixo 4 aniños o día de Venres Santo.
Moitísimas felicidades!!!
Moitísimas felicidades!!!
A PRIMAVERA CHEGOU . . .
A primavera chegou ao noso blog con un pouquiño de retraso pero...
O día que comezou realizamos unha larga asemblea na que falamos das necesidades das plantas. Ao final chegamos á conclusión de que son:
- Terra
- Auga
- Sol (luz)
- Aire (osíxeno para respirar)
Ao día seguinte saimos ao areeiro cunhas pás, uns maceteiros, un saco de terra e unhas semillas dunha planta.
Cada nen@ plantou a súa propia só que xurdiron diferentes problemas: uns nen@s mesturaron area coa terra, outros enterraron a semilla moi fonda, outros foron perdendo terra no traxecto do areeiro á aula... de aí que non teñamos imaxes dese día.
Non obstante, hoxe xa a todos os nen@s lles naceron as súas plantas: a algúns só unha, a outros dúas e a outros as tres.
O día que comezou realizamos unha larga asemblea na que falamos das necesidades das plantas. Ao final chegamos á conclusión de que son:
- Terra
- Auga
- Sol (luz)
- Aire (osíxeno para respirar)
Ao día seguinte saimos ao areeiro cunhas pás, uns maceteiros, un saco de terra e unhas semillas dunha planta.
Cada nen@ plantou a súa propia só que xurdiron diferentes problemas: uns nen@s mesturaron area coa terra, outros enterraron a semilla moi fonda, outros foron perdendo terra no traxecto do areeiro á aula... de aí que non teñamos imaxes dese día.
Non obstante, hoxe xa a todos os nen@s lles naceron as súas plantas: a algúns só unha, a outros dúas e a outros as tres.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)