domingo, 22 de abril de 2012

TALLER DE COCIÑA

Para aqueles visitantes do blog que non sodes papás nin mamás dos nosos nen@s infórmovos que, neste último trimestre continuamos traballando co proxecto "Fun ovo!" e á vez co proxecto "Est@ son eu". E que nos quedaran tantas cousas por investigar... que non o podiamos dar por rematado. O venres, tal e como lles prometera aos pequech@s,tocou cocer ovos. Previamente, o xoves, realizamos unha asemblea para anotar todo o necesario: auga, pota, cociña e como non, os ovos. Así que, mans á obra!!!
1º Botámoslle auga á pota e puxémola ao lume.
Mentres tanto, estivemos manipulando os ovos e observándoos detidamente xa que non só cocemos ovos de galiña, tamén de codorniz.
2º Agardamos a que a auga fervese e botamos os ovos á pota con coidado.
3º Esperamos a que estiveran cocidos (10 minutos) e apagamos o lume.
4º Botámolos en auga fría e comezámolos a escascar (a verdade con moita maña).
5º Lavámolos.
6º Comémolos mentres repasabamos que parte se chama clara e xema.
Estaban boísimos!!! Aquí vos amosamos outras imaxes.