domingo, 29 de abril de 2012
A NOSA VERSIÓN DO CADRO DE KANDINSKY
Como en toda a aula só nos quedaba un anaquiño por decorar decidimos realizar un cadro.
O autor elixido foi Kandinsky e o cadro "concentrics", pero ao igual que fixo o pintor catalán Ricardo Gómez de Cádiz, a nosa versión centrámola no proxecto "Fun ovo!" e chamámola "Ovos fritos", aínda que como algún neno dixo, tamén semellan margaridas,jaja.
Foron os propios nen@s quen recortaron as formas que pegamos superpoñéndoas aínda que na imaxe non se percibe.
Aquí vos amosamos o cadro orixinal, a versión de Ricardo Gómez e a nosa propia versión.