A primavera chegou ao noso blog con un pouquiño de retraso pero...
O día que comezou realizamos unha larga asemblea na que falamos das necesidades das plantas. Ao final chegamos á conclusión de que son:
- Terra
- Auga
- Sol (luz)
- Aire (osíxeno para respirar)
Ao día seguinte saimos ao areeiro cunhas pás, uns maceteiros, un saco de terra e unhas semillas dunha planta.
Cada nen@ plantou a súa propia só que xurdiron diferentes problemas: uns nen@s mesturaron area coa terra, outros enterraron a semilla moi fonda, outros foron perdendo terra no traxecto do areeiro á aula... de aí que non teñamos imaxes dese día.
Non obstante, hoxe xa a todos os nen@s lles naceron as súas plantas: a algúns só unha, a outros dúas e a outros as tres.