domingo, 30 de septiembre de 2012

QUE É UNHA ILLA?

Durante esta semana estivemos traballando a palabra PORCIÓN para poder definir unha illa.
Para iso estivemos xogando con plastilina a facer pizzas e a repartir entre os compañeir@s as porcións.

Aprendemos moi ben o que significa dita palabra e a partir de aí comezamos a describir unha illa.
Seguiremos traballando no tema pero a algún nen@ xa lle quedou moi claro.




ABRÍMOLO TESOURO!!!

VAIA SORPRESA LEVAMOS O MARTES!!!

Estábamos tan tranquilos realizando as rutinas de entrada cando uns fortes golpes sacudiron a nosa porta. Tod@s os mestr@s e nen@s saímos a ver o que pasara e xa non vimos nada nin a ninguén.
Sen embargo... diante da nosa porta estaba unha botella cun mapa e cunha chave. Xa no momento soubemos que fora o noso amigo o pirata Júpiter que nos veu a traer a chave do tesouro.
Abrímolo e bufff... mirade cantas cousas había dentro.

martes, 25 de septiembre de 2012

FRASES PARA O RECORDO

A partir de hoxe, creamos unha nova sección no noso blog na que se irán amosando as frases máis divertidas dos nosos pequechos.
Poderedes velas na marxe dereita.

Aquí vos deixo as primeiras deste curso:



- (Abrimos o noso tesouro e...) "Ohh... un billete violeta... Eso es muuuucho dinero... Mi mamá tiene uno" (Manu 25/09/2012)

- " Profe... Eu son ghuapa... Ti es ghuapa... Pero hainos feos... pero feos ehh!!!" (Paula 17/09/2012)

- Eu dígolle a unha nena que veu moi guapa e Michel replica con ironía "hay dinero..." (Michel 17/09/2012)

sábado, 22 de septiembre de 2012

A NOSA ILLA DO TESOURO

Unha palmeira e o cofre do tesouro xa están na nosa aula.
O caso foi que nos atopamos cuns cantos problemas: á palmeira faltábanlle os cocos polo que os tivemos que facer e o peor de todo...ROUBÁRONNOS A CHAVE DO TESOURO.
Agora estamos á espera de que un pirata moi bo chamado JÚPITER nos axude a recuperala para poder ver o que garda dentro o noso fantástico tesouro.

NOTA INFORMATIVA

Tras unha reunión do profesorado de Educación Infantil coa ANPA decidimos, en principio, voltar ao horario de recreo que tiñamos o curso pasado xa que é o mellor para a educación dos pequenos.
 Só destacar que para min foi unha reunión demasiado tensa e na que o pasei realmente mal.

O NOSO NOVO COMPAÑEIRO

Javier Facal, o noso novo compi, adaptouse perfectamente ás rutinas da aula.
 Foi todo un campión, que nin unha bágoa botou.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

O NOSO PRIMEIRO PROXECTO





Durante este primeiro trimestre traballaremos sobre a illa do tesouro. Adentrarémosnos en conceptos como illa, palmeiras, froitos das palmeiras... e como non, OS PIRATAS.

Nesta semana os 25 pequerrechos comezaremos a profundizar no tema.


miércoles, 12 de septiembre de 2012

O PRIMEIRO DÍA DE COLE

Hoxe foi o primeiro día de cole e pasámolo xenial. Só houbo dúas bágoas contadas que en menos de un minuto desapareceron.
Adicamos case toda a mañá a falar das nosas vivencias do verán e a presentar ao noso novo compi Javier F. Ademais, como dous nenos máis puxeron gafas, fixemos unha asemblea sobre as gafas: para que as usan, o coidado que precisan, etc.
Despois de merendar e saír ao recreo, os nenos o que realmente tiñan era ganas de traballar polo que collemos pinturas, lapis, ficha e a traballar.
Aquí vos amosamos algunhas imaxes.

lunes, 10 de septiembre de 2012

O NOSO HORARIO

De momento o noso horario é o que se amosa máis abaixo.
En canto á sesión de informática, os nenos irán cada dúas semanas xa que farei grupos de 12/13 nenos.
Do mesmo xeito, infórmovos que as novas mestras dos vosos pequechos son:
- MÚSICA: Irene.
- INGLÉS: Ana Isabel.
- MESTRA DE APOIO ( informática, etc ): Marta.
- MESTRA DE APOIO ( psicomotricidade, etc ): Vanesa
En RELIXIÓN seguirá sendo a mestra Ana Belén.





TEMOS UN NOVO COMPAÑEIRO

Se o curso pasado despedimos a Mateo C. este curso teremos que dar a benvida a un novo neno.
JAVIER F.




En tan só dous días estaremos de novo no cole.
Espero que todos os pequechos teñan ganas de voltar e que traian as enerxías renovadas.
¡¡¡ Espérovos cos brazos abertos !!!