domingo, 24 de febrero de 2013

HOMENAXE A JORGE PETEIRO

Esta semana faleceu un dos mellores pintores galegos, un home moi carismático e moi preocupado pola educación e polo contacto cos máis pequenos: JORGE PETEIRO.



O venres, os nenos coñeceron a biografía de J. Peteiro e están seguros de que "aora está no ceo axudándolle aos Reis Magos a vixiar que nenos se portan ben".

Xa que en Normalización Lingüística lle estamos dando moita importancia á horta, eliximos pintar o seu cadro dos pementos adicado á Terra de Padrón.



EL POLLITO PIO

Esta semana a profe Marta veu para a nosa aula coa súa maleta chea de sorpresas.


Primeiro os nenos e nenas estiveron repasando as vogais: como choraba a princesa "i"... e despois, mediante pictogramas cantaron a canción de "El pollito pio".
Aos pequechos encantoulles, aínda que Clara e Adrián non acaban de collerlle o gusto.




O NOSO MURAL EXIPCIO

Non foi sin tempo pero por fin xa temos o noso mural do proxecto colgado.
Esperamos que vos guste.


AS CERAS FINAS

Esta semana comezamos a traballar coas ceras finas.
Fixemos un puzzle dos debuxos animados de "Martín, Martín, el egipcio".
Encantoulles colorear con estas pinturas e por iso, fixérono moi pero que moi ben aínda que a algúns nenos/as aínda se lles resisten bastante as tesoiras.

domingo, 17 de febrero de 2013

O CUMPLE DE HUGO

O venres Hugo fixo 5 anazos.
Comemos un "cake" e como non, houbo regalos para todos.
Neste caso uns lapis e unhas fermosas galletas que facían homenaxe ao noso primeiro proxecto deste curso: OS PIRATAS!!!





Moitísimas felicidades guapetón!!!

O RÍO NILO

Esta semana, na nosa viaxe a Exipto, chegamos ata o RÍO NILO.
Descubrimos que alí viven moitos crocodilos: animais, como ben sabemos, son ovíparos.


lunes, 11 de febrero de 2013

O NOSO DESFILE

O venres vestimos de Tutankamóns e de Cleopatras, facendo referencia ao noso proxecto, e saímos á rúa a desfilar.





















FESTA DE DISFRACES

O xoves pola tarde tódolos nenos/as de infantil fomos disfrazados libremente ao cole.
Todos xuntos fixemos unha festa no ximnasio.
Primeiro as profes de 3 anos e a profe Marta representáronnos un conto dun lobo que quería comer a unha nena. Despois realizamos un desfile e por último degustamos os produtos típicos desta data que as familias nos aportaron.
Moitas grazas pola vosa colaboración.


VAIA SUSTO!!!

O xoves pola mañá, mentras tomabámola merenda, escoitamos moi forte PUM, PUM, PUM, PUM... na porta.
Xa nin me lembro que neno foi abrir pero con quen nos atopamos...

                                                        CO HOME DO SACO


¡Viña buscar aos nenos e nenas que se portan mal!
O home do saco colleu a dous nenos da nosa clase e meteunos no seu enorme saco.
Pufff...que medo!!!, se os vedes suplicar que se ían portar ben...aínda non o creo, jaja.
Algún neno/a pasou auténticos momentos de medo, con decirvos que algún despois non quería nin saír ao recreo...
Cando descubriron que era a profe Carmiña... puxéronse a rir pero os momentos de medo que viviron ninguén llelos quita.
Sen dúbida, quen peor o pasou foi Paula,que ata se escondeu debaixo da mesa.


Pobriña, pero en xeral creo que foi unha experiencia moi boa.


O MANDADIÑO

Durante toda a semana pasada, o noso esqueleto fermoso, mandounos mandados moi graciosos.
Os nenos e nenas da nosa aula, como non, fixémoslle moito caso.


                              PARA O LUNS EU VOS MANDO,
                              E ¡O POBRE DO QUE NON OBEDEZA!,
                              QUE TODO O MUNDO TRAIA
                              ALGO CHULI NA CABEZA.



                              E O MARTES EU MANDO,
                              E ¡MALO DE QUEN NON O FAGA!
                              QUE TRAIADES DÚAS LÚAS/SOLES
                              PINTADOS NA CARA.



                              PARA O MÉRCORES MANDO
                              ¡E O DIGO CON ALBOROZO!
                              QUE TRAIADES UNHA GRAVATA
                              COLGADA DO PESCOZO.


                              PARA O XOVES EU MANDO,
                              PARA ESTAR COMO NA CASA,
                              QUE TRAIADES O PIXAMA
                              OU POÑADES UNHA BATA.


miércoles, 6 de febrero de 2013

UN EXEMPLO DE MAQUILLAXE

Ola familias,

Como xa vos dixen, aquí vos deixo unhos exemplos de maquillaxe exipcio. Podedes seguilos ou facelo á vosa maneira.
Xa sabedes que non queremos peluca.

MAQUILLAXE PARA AS NENAS:





E PARA OS NENOS:

domingo, 3 de febrero de 2013

O CUMPLE DE IRENE

O venres celebramos os cinco aniños de Irene.
Comemos un biscoito riquísimo e houbo chuches de regalo.



Moitas felicidades pequecha!!! e moitas grazas familia.

O DÍA DA PAZ

Este ano no Día da Paz vestimos de branco para cantar unha fermosa canción e estampamos as nosas mans nun mural, para loitar por un mundo de cores.



Ademais, na asemblea inicial, propuxémosnos evitar a violencia e os conflictos nese día tan especial.
Sen embargo, como adoita pasar, non o conseguimos: catro nenos/as tiveron que estar castigados/as por pelexarse no Día da Paz.

¡¡¡Seguiremos loitando para conseguir a PAZ dentro da nosa aula!!!