miércoles, 18 de diciembre de 2013

O NOSO FESTIVAL DE NADAL

Aquí vos deixo o noso primeiro e último festival de Nadal, con varios "corta y pega".
Como moitos veriades, ocorreu con diversos incidentes e accidentes (sobre todo a profe, que xa meteu a pata tropezando co cable e rompendo o micrófono).
O mellor de todo é que estou segura de que os nenos e nenas pasáronno xenial.
Para outro ano procuraremos ensaiar máis no escenario e cometer menos erros.

AS ACTUACIÓNS EN DIRECTO E CON TANTO PÚBLICO É O QUE TEÑEN!





E agora unhas cantas fotos:


Ao finalizar o festival, fíxosenos entrega dun agasallo por gañar o CONCURSO DE POSTAIS do COLEXIO: un pino moi fermoso e un diploma.

ENTREGA DE PREMIOS DAS POSTAIS

O pasado sábado, vinte dos nosos pequech@s asistiron á entrega de premios de postais no Pazo da Cultura de Carballo.
Os nosos 3 campións: Alberto, Mateo Lema e Antía recolleron os seus respectivos premios.
Despois deixáronnos subir a tod@s ao escenario para poder sacar unha foto cos nosos compañeiros.
O domingo resulta que foi a imaxe de portada do xornal "El Diario de Bergantiños".


Os nosos tres gañadores tamén saíron no xornal "La Voz de Galicia".


Esta semana, Alberto, Mateo e Antía trouxéronnos para a clase unha parte dos regalos que recibiron, para poder disfrutar deles todos na aula.
Aquí volo amosamos:


domingo, 15 de diciembre de 2013

ÁS PORTAS DO NADAL

Mentres seguimos traballando duro na nosa actuación do festival de Nadal, aquí vos poño un vídeo para ir quentando motores para estas festas.



O CUMPLE DE NICO

O xoves festexamos o cumple do noso benxamín: Nicolás. Agora xa todos temos 5 aniños.
Nico tróuxonos unha tarta riquísima e uns agasallos sorpresa para cada un de nós. A todos os pequech@s lles gustou moito.





Moitísimas felicidades guapetón e moitas grazas familia!

PHOTOCALL

O equipo de Normalización Lingüística fixo un photocall sobre o monte.
Colocárono na entrada do cole e alí fumos, o xoves pola tarde, a sacar as fotos coa axuda do profe Joaquín.






O CUMPLE DE CARLA

O martes celebramos o cumple de "Carliña".
Xa veredes cacho biscoito nos trouxo...pero só quedaron as migas!!! Ademais houbo chuches para tod@s para endulzarnos así a boca.




Moitísimas felicidades pequecha e moitas grazas!

martes, 10 de diciembre de 2013

UNHA DAS NOSAS POSTAIS DO MONTE, GAÑOU O CONCURSO DO COLEXIO.

Aquí vos amosamos o noso debuxo que gañou o concurso de postais do colexio.
Resultou moi doado facelo. Pintamos o fondo con témpera azul, o tronco da árbore de marrón e con bastonciños de algodón fumos poñendo boliñas de diferentes cores á árbore.
Por último deille unha capa de spray branco para que semellase a neve.

Bo traballo pequech@s!


AS NOSAS POSTAIS DE NADAL. RESULTAMOS GAÑADORES!

Este ano, para participar no concurso de postais era requisito obligatorio que cada debuxo fose dun único neno/individual. Non obstante, nós fixemos moitos debuxos de Nadal en equipo.
De todos eles seleccionamos os 25 que consideramos máis orixinais e bonitos e asignamos un cada neno/a.

O xoves saíu no xornal a seguinte noticia.


Tivemos moita sorte e o debuxo de Alberto acadou o 1º premio, o debuxo de Mateo Lema o 2º premio e un dos cinco accésits recaeu en Antía.
Noraboa pequech@s!

As familias dos 3 agraciados vannos traer parte do premio para a aula para que todos o poidamos desfrutar polo que llelo agradezo moito.
Este sábado moitos de nós xa nos veremos na entrega de premios!

Aquí vos amosamos algunhas das 25 postais que presentamos ao concurso do Concello de Carballo.
Fáltame a foto de 5 delas (algunhas das que presentamos ao concurso do colexio). (Esquecéuseme sacárllela).



Pronto saberedes cales delas foron as agraciadas!!!
Para min todas teñen o seu encanto.




viernes, 6 de diciembre de 2013

NOTA INFORMATIVA

Ola familias, O luns, sin falta, mándovos unha nota explicando o que pasou este ano cas postais de Nadal que presentamos no Concello.

domingo, 1 de diciembre de 2013

O CUMPLE DE PAULA

O venres Paula fixo os 5 aniños.
Tróuxonos un biscoito riquísimo e como non, houbo regaliños para todos.




Moitísimas felicidades pequecha!