Continuamos co Taller de Cantos e Contos.
Traballamos con dous contos da Editorial OQO.
Aquí vos van unhas imaxes.
"A POTA QUE TROTA"
Un rei ambicioso e ruín que pasa as horas contando as súas riquezas; un
home e unha muller máis pobres que as arañas; unha aldea de labregos
enganados polo monarca; e unha pota que vai dun sitio a outro apañando e
repartindo entre os máis desfavorecidos o que, en xustiza, lles
corresponde.
—Que comerá o rei?
—Comerá comerá...
Os personaxes fíxenos con botellas de iogur e a pota con barro.
"LOBOFEROZ"
Era unha vez un lobo tan preguiceiro que, por non se
esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día mirouse no espello
e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz…
O lobo fíxeno cun calcetín e as marionetas de dedo con feltro
lunes, 23 de febrero de 2015
O DÍA DA PAZ
O 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz. Por motivos alleos a nós, aprazouse a súa celebración no noso cole ata o día 10 de febreiro.
Ese día saímos tod@s ao patio e colocamos os pétalos de flores para formar unha margarida xigante.
Cada mestra titora traballou arreo cos pequenos/as para que os seus pétalos quedasen moi "chulis"... e así foi, mirade que arte hai en infantil!
Mirade que flor máis bonita nos quedou!
Agora está exposta na entrada do noso cole para que todos a poidades ver.
Rematamos o acto bailando a canción de Axel "Celebra la vida".

Suscribirse a:
Entradas (Atom)