domingo, 25 de noviembre de 2012

AS NOSAS POSTAIS DE NADAL

Xa temos preparadas as postais de Nadal coas que participamos nos concursos do cole e do Concello.
Aquí volas amosamos.
Agardamos que vos gusten.





O CUMPLE DE CLARA

O martes Clara cumpriu 4 aniños.



Degustamos unha orixinal tarta e regalounos a todos chocolate para endulzar o padal.


NO TALLER DE EXPERIMENTOS...

O luns, a profe Vanesa, realizou un experimento cos pequechos que nos veu moi ben para lembrar o proxecto do curso pasado Fun ovo! Consistía en botar un ovo nun recipiente con alcol e observar como o clara do ovo se ía solidificando. Tras unha media hora o ovo estaba frito.
Os nenos/as aprenderon que o alcol é capaz de dar tanta calor que pode fritir un ovo.






domingo, 11 de noviembre de 2012

O MAGOSTO

O xoves vivimos unha xornada de Magosto.
Aquí vos amosamos algunhas imaxes.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

NOTA INFORMATIVA

Ola familias.
Anímovos a que visitedes o blog do equipo de dinamización da lingua galega do noso cole.
Así, poderedes enterarvos doutros aspectos educativos do centro e mesmo da Educación Infantil (por exemplo ver o vídeo da nosa obra de teatro do día do Samaín).
Chámase A Voz do Bergantiños e o enderezo é o seguinte: avozdobergantinhos.blogspot.com.es.
Tamén podedes acceder a el dende a marxe esquerda deste blog.

domingo, 4 de noviembre de 2012

FESTEXAMOS O SAMAÍN


AS NOSAS CABAZAS

Aquí vos amosamos as cabazas da nosa aula.
Grazas familias pola vosa participación.


DAMOS A NORABOA A MICHEL

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, entregamos en cada ciclo 3 diplomas ás cabazas máis orixinais.
De entre todas as de 4 anos gañou a de Michel, que ademais estaba relacionada coa temática do noso proxecto.
Noraboa Michel e papis polo voso traballo.



UN AGASALLO DO SAMAÍN

As mestras de Educación Infantil agasallamos a cada neno/a con un chupa-chups disfrazado de vampiro.

O material preciso para elaboralo foi:
- Papel de celofán vermello.
- Fieltro negro.
- Limpiapipas.
- Ollos móbiles.
- Pegatinas brancas.
- E como non, chupa-chups.

Esperamos que vos gusten.