jueves, 26 de junio de 2014


PARA REMATAR...

Aí vai un vídeo con imaxes destes 3 anos de traballo cos meus pequech@s.




A BERTOLINA

Non quixemos rematar o curso sen facer outra canción versionada.
Deste golpe, e por petición dos nenos, tocoulle á bertolina.
Aquí vos vai:




O CUMPLE DE JAVI G.

Javi Goimil non quixo rematar o cole sen festexar con nós  (un pouquiño por adiantado) os seus 6 aniños.
Comemos un biscoito boísimo e como non podía ser doutra forma, houbo agasallos para todos.




Moitísimas felicidades e moitísimas grazas!

PORTADAS TRABALLOS DO ÚLTIMO TRIMESTRE

Neste último trimestre fixemos portadas de todo tipo: algunhas moi sinxeliñas e outras máis complicadas.
Aquí vos deixamos unhas imaxes delas.


Portadas de traballos 
diversos.
Portada do proxecto de 
Carballo.
Portada e contraportada do 
conto "Xaime e as landras".
Portada do proxecto do 
Polbo Octavio.
Bolsas para gardar 
os traballos.

O CUMPLE DE LARA

O luns 16 celebramos os 6 aniños de Lara.
Comemos unha tarta riquísima e houbo agasalliños para todos.




Moitísimas felicidades pitufa e moitas grazas!

martes, 17 de junio de 2014

HAPPY!!!!!

O curso está rematando e estamos moi contentos (aínda que tamén un pouquiño tristes).
Estes días estivemos grabando 2 cancións.
Aquí vos vai unha delas...na que só bailamos........
Na seguinte................cantaremos!!!!



miércoles, 11 de junio de 2014

NON QUERO SER UN POLBO!

Levamos xa un tempo traballando con OCTAVIO, un polbo que se lamenta de todos os seus bens... Octavio non quere ser un polbo! da editorial OQO.

Un ano máis quixemos participar no concurso Nós tamén creamos!este ano introducido no Plan Proxecta da Xunta e que rematou este fin de semana cunha xornada presencial para o profesorado en Santiago de Compostela.


Aquí vos amoso o resultado da nosa curta.
*(Tanto a min como a Ana (mestra de P.T.) gustaríanos que o resultado fose moito mellor pero coma sempre a falta de  teeemmmpooo!!! e o traballo que nos supuxo traballar co plan proxecta non nos dou para máis).

lunes, 2 de junio de 2014

IMOS AO FORUM DE CARBALLO

O pasado xoves, todo o alumnado de Educación Infantil, fumos a unha exhibición da Garda Civil ao Forum de Carballo.
Poidemos subir ás motos, velos cans policías, as lanchas salvavidas, as ferramentas dos bombeiros, etc.


A continuación máis fotos...



EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO

O 20 de maio montamos no autobús ás 09:30 pasadas e arrincamos para Sobrado dos Monxes.
Aló fomos ata a Casa do Queixo.
Pasámolo boooommmbaaaa: demos un paseo nun remolque do tractor, vimos animais, fixemos queixo...


Mentres ían no tractor vendo os muíños, as vacas... cantaron a canción da Vaca Marela.
O noso compi Pablo sábea moi ben. Aquí o podedes comprobar:



Aquí vos van unhas pouquiñas fotos...






O CUMPLE DE CHRISTIAN

O 19 de maio celebramos os 6 aniños de Christian.
Comemos un biscoito/tarta riquísimo que aínda que era grande...comeuse todiño!
 E como non podía ser doutra maneira, houbo agasallos para tod@s.




Motísimas felicidades pitufo!!!