martes, 18 de noviembre de 2014

ARRANCAMOS UN NOVO PROXECTO COS NENOS DE 3 ANOS A E 4 ANOS B

O proxecto trata sobre o CONSUMO .
Concretamente imos traballar co alumnado máis pequeno do centro o consumo en relación cos xoguetes, o xénero e a publicidade. 


Vivimos nunha sociedade na que a presión de consumo sobre os nenos é impresionante, por exemplo, a través do montón de anuncios dirixidos ao público infantil cos cousas que teñen que ter.
Os nenos teñen que aprender a valorar o que teñen. Cantas máis cousas lle deamos aos pequenos, máis insatisfeitos estarán, porque estarán fixándose máis no que non teñen que no que teñen .

Agora vouvos amosar unhas cantas imaxes dos nenos/as xogando no cole (*dado que esta semana estou de baixa...as fotos son dos meus nenos da promoción pasada e aos que boto moito de menos)







AGORA QUE XA ESTAMOS NAS PORTAS DO NADAL...
Aqueles que vivades pola zona das Pontes ou teñades pensado pasar por alí...
Seguro que haberá moitas máis campañas que esta.



E XA FALANDO DE NADAL...AQUÍ VOS AMOSAMOS UNHA VIÑETA DE HUMOR QUE REFLEXA MOI BEN O PENSAMENTO DOS MÁIS PEQUENOS.


POR ÚLTIMO, VOUVOS A PUBLICAR O VÍDEO DA NOSA ACTUACIÓN DE NADAL DO CURSO PASADO.
 FIXÉMOLA SOBRE OS ANUNCIOS PUBLICITARIOS, PROCURANDO FOMENTAR UN CONSUMO RESPONSABLE E NON SEXISTA.
SE VOS FIXADES, NO ANUNCIO DAS BONECAS DE FAMOSA, AS BONECAS SON NENOS! E DESEMPEÑARON O SEU PAPEL SÚPER ORGULLOSOS!



martes, 30 de septiembre de 2014

CURSO 2014/2015


Custom Glitter Text
NESTE NOVO CURSO SON MESTRA DE APOIO DE EDUCACIÓN INFANTIL E COORDINADORA DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.                

NESTE BLOG IREIVOS AMOSANDO O QUE VAIA FACENDO COS PEQUECH@S. EN CONCRETO TÓCAME DAR O TALLER DE LINGUAXE E CONTOS.
CHAMARÉMOLO....

        "CANTOS E CONTOS"        

*Nestes primeiros días será a mestra Belén a encargada de levalo a cabo.

jueves, 26 de junio de 2014


PARA REMATAR...

Aí vai un vídeo con imaxes destes 3 anos de traballo cos meus pequech@s.




A BERTOLINA

Non quixemos rematar o curso sen facer outra canción versionada.
Deste golpe, e por petición dos nenos, tocoulle á bertolina.
Aquí vos vai:




O CUMPLE DE JAVI G.

Javi Goimil non quixo rematar o cole sen festexar con nós  (un pouquiño por adiantado) os seus 6 aniños.
Comemos un biscoito boísimo e como non podía ser doutra forma, houbo agasallos para todos.




Moitísimas felicidades e moitísimas grazas!

PORTADAS TRABALLOS DO ÚLTIMO TRIMESTRE

Neste último trimestre fixemos portadas de todo tipo: algunhas moi sinxeliñas e outras máis complicadas.
Aquí vos deixamos unhas imaxes delas.


Portadas de traballos 
diversos.
Portada do proxecto de 
Carballo.
Portada e contraportada do 
conto "Xaime e as landras".
Portada do proxecto do 
Polbo Octavio.
Bolsas para gardar 
os traballos.

O CUMPLE DE LARA

O luns 16 celebramos os 6 aniños de Lara.
Comemos unha tarta riquísima e houbo agasalliños para todos.




Moitísimas felicidades pitufa e moitas grazas!

martes, 17 de junio de 2014

HAPPY!!!!!

O curso está rematando e estamos moi contentos (aínda que tamén un pouquiño tristes).
Estes días estivemos grabando 2 cancións.
Aquí vos vai unha delas...na que só bailamos........
Na seguinte................cantaremos!!!!



miércoles, 11 de junio de 2014

NON QUERO SER UN POLBO!

Levamos xa un tempo traballando con OCTAVIO, un polbo que se lamenta de todos os seus bens... Octavio non quere ser un polbo! da editorial OQO.

Un ano máis quixemos participar no concurso Nós tamén creamos!este ano introducido no Plan Proxecta da Xunta e que rematou este fin de semana cunha xornada presencial para o profesorado en Santiago de Compostela.


Aquí vos amoso o resultado da nosa curta.
*(Tanto a min como a Ana (mestra de P.T.) gustaríanos que o resultado fose moito mellor pero coma sempre a falta de  teeemmmpooo!!! e o traballo que nos supuxo traballar co plan proxecta non nos dou para máis).

lunes, 2 de junio de 2014

IMOS AO FORUM DE CARBALLO

O pasado xoves, todo o alumnado de Educación Infantil, fumos a unha exhibición da Garda Civil ao Forum de Carballo.
Poidemos subir ás motos, velos cans policías, as lanchas salvavidas, as ferramentas dos bombeiros, etc.


A continuación máis fotos...



EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO

O 20 de maio montamos no autobús ás 09:30 pasadas e arrincamos para Sobrado dos Monxes.
Aló fomos ata a Casa do Queixo.
Pasámolo boooommmbaaaa: demos un paseo nun remolque do tractor, vimos animais, fixemos queixo...


Mentres ían no tractor vendo os muíños, as vacas... cantaron a canción da Vaca Marela.
O noso compi Pablo sábea moi ben. Aquí o podedes comprobar:



Aquí vos van unhas pouquiñas fotos...






O CUMPLE DE CHRISTIAN

O 19 de maio celebramos os 6 aniños de Christian.
Comemos un biscoito/tarta riquísimo que aínda que era grande...comeuse todiño!
 E como non podía ser doutra maneira, houbo agasallos para tod@s.




Motísimas felicidades pitufo!!!

domingo, 18 de mayo de 2014

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E O CUMPLE DA PROFE

O venres a profe fíxose un aniño máis vella.
A profe Vero sacounos varias fotos de todos xuntos e como non, houbo algún regaliño para tod@s.

Moitas grazas peques polos vosos agasallos!



Despois do recreo tomamos o petisco literario (un anaco de larpeira cun poema de Xosé María Díaz Castro).
Tras endulzar a boca, saímos ao patio para escoitar a un grupo de cantareiros de Verdillo.



VISITA AO PAZO DA CULTURA

Xa fai uns días que asistimos á exposición "Cociñado Contos" no Pazo da Cultura de Carballo. Ademais, tamén tivemos a sorte de poder disfrutar dunha obra de teatro chamada "Martes".


Aquí vos van unhas pouquiñas fotos.




lunes, 5 de mayo de 2014

EXCURSIÓN Á CASA DAS CIENCIAS

Hoxe visitamos o Planetario da Coruña.
Penso que os nen@s o pasaron ben. Aquí vos amosamos algunhas das cousiñas que vimos..




O CUMPLE DE MATEO

Aínda que Mateo F. xa fixo os 6 aniños en xaneiro...como eu estaba enfermiña non o celebramos.
O pasado mércores festexámolo e tróuxonos un agasallo a cada un de nós.



Moitísimas felicidades pitufo e moitísimas grazas!

FELIZ DÍA MAMÁS!

O mércores, tódolos peques levaron un agasallo para as súas mamis.
Esta vez fixemos un broche e unha tarxeta-regadeira cun poema.
Metemos todo nun sobre que os nenos e nenas personalizaron cun debuxo de mamá por diante, e cun debuxo das cousas que lle gustan á mamá por detrás.


Esperamos que a tódalas mamás lles gustara o regaliño. 








domingo, 27 de abril de 2014

O CUMPLE DE BLANCA

O mércores festexamos os 6 anos de Blanca.
Comemos unha tarta riquísima e houbo agasallos para tod@s.




Moitísimas felicidades pequecha!!! e moitas grazas.

lunes, 21 de abril de 2014

PINCHOS DE FROITA

Para rematar o segundo trimestre fixemos unha festiña na aula con "pinchos morunos de froita".
Cada pequen@ foi facendo o seu pincho coa diferente froita...e tamén comemos "chuminadas".


Aquí vos van unhas cantas fotos:


O CUMPLE DE MICHEL

O pasado 8 de abril celebramos os 6 aniños de Michel.
Comemos biscoito e houbo un agasallo para cada un de nós.




Moitísimas felicidades pequecho!!!

PORTADAS E CARPETA DO 2º TRIMESTRE

Aquí vos amosamos as nosas portadas do 2º trimestre.



A carpeta fixémola cunha cartolina dobrada pola metade. Os nenos e nenas pintaron os ollos, os bigotes e as orellas dos coelliños.



domingo, 23 de marzo de 2014

O DÍA DO PAI

O pasado mércores 19, tódolos pequech@s levaron un agasallo para os seus papis.
Este curso fixemos un chaveiro (con pasta de modelar de sacado ao aire) e unha tarxeta moi sinxela que logo metemos nun sobre que os nenos e nenas personalizaron debuxando por diante aos seus papás e por detrás as cousas que lles gustan aos seus papis.

Esperamos que a tódolos papás lles agradara o regaliño. Os peques fixérono con moito cariño e ilusión!



domingo, 16 de marzo de 2014

O CUMPLE DE LUCÍA

O venres, con un pouquiño de retraso, celebramos os 6 aniños da nosa pequecha Lucía.
Comemos un biscoito riquísimo e houbo chuches e un agasallo sorpresa para tod@s.




Moitísimas felicidades pitufa!!!

A EXCURSIÓN AO MONTE

O mércores puxemos katiuskas, gorras e marchamos para o monte. Non era un monte calquera... era o "BOSQUE DOS CONTOS".

Previamente á saída, na aula, coloreamos e explicamos o itinerario que deberíamos seguir para ir polo camiño correcto xa que por alí tamén estaba... a casiña de chocolate...a casiña da bruxa regañadentes...a casa do lobo de carapuchiña vermella...a casa do gato Pelado (do conto Cocorico)... o camiño da mina... e non nos podiamos equivocar de camiño!!!

No monte vimos un dos carballos máis vellos da zona... plantamos o noso carballo... atopamos pegadas do lobo (jeje), merendamos entre piñeiros, castaños e carballos... e rematamos a saída atopando un dos tesouros da mina: moedas de chocalate que aínda nos andamos preguntamos de quen serían...

Penso que o pasamos tod@s moi ben!!!

                                                    Aquí vemos a Pablo todo equipado
                                                                    (co mapa, coas botas, gorra...e ata un pau)





domingo, 9 de marzo de 2014

NOTA INFORMATIVA

Este mércores realizaremos unha saída ao MONTE.
Lembrade, a roupa e calzado debe ser cómodo!


O CUMPLE DE ALICIA

Estes días non demos feito cos cumples, jeje.
O venres tocoulle a Alicia. Festexamos por todo o alto os seus 6 anos.
Comemos tarta e houbo agasallos para tod@s.




Moitísimas felicidades pitufa!