sábado, 31 de octubre de 2015

AS NOSAS MÁSCARAS MEXICANAS PARA O SAMAÍN

Durante esta semana coloreamos con rotulador unhas máscaras mexicanas.
Fixémolo tan ben que fixémoslle uns buratiños, metémoslle unha goma e levámolas para casa.


Outras fotos...


TALLER DE COCIÑA: MOUCHOS

Dado que estamos traballando cos mouchos e as curuxas... o martes pola tarde decidimos facer un mouchiño para comer.
Os ingredientes que precisamos para realizar o noso taller de cociña foron:
- Pan de molde
- Nocilla
- Galletas tipo "oreo"
- Galletas tipo "filipinos"
- Conguitos
- Gominolas
- Coitelos de plástico.
O noso obxectivo era realizar un moucho parecido a este...e claro que o conseguimos!

Pero como a comida sen bebida non baixa moi ben... que iamos beber?
A profe Vero tróuxonos un líquido de cor amarelo que segundo ela era "pis de rato"... Puajjj... que noxo!!! Non obstante máis ou menos a metade da clase, incluída a profe, animámosnos a probalo! (só era auga cun pouquiño de colorante comestible).
Os menos atrevidos acompañaron os seus mouchiños con auga.
Aquí vos van as imaxes...







CONXUROS DO SAMAÍN

Neste tempo de Samaín estivemos traballando cos MOUCHOS e as CURUXAS.
Ademáis de aprender as principais características e diferencias entre ambos animais...realizamos un pequeno libro de conxuros.
E non vos dixemos...temos na clase unha curuxa de verdade disecada!
O primeiro día algún neno/a ata chorou ao vela! pero agora tanto lles gusta...que no tempo de xogo libre, son moitos os peques que a queren debuxar.


Outras imaxes...





O TRABALLO POR EQUIPOS

A semana pasada continuamos traballando por equipos: repasamos a grafía dos números, realizamos sumas, traballamos coa letra "P" e repasamos a grafía da letra "a" en minúscula.
Aquí van unhas imaxes!

lunes, 26 de octubre de 2015

ATOPAMOS UNHA MOEDA DE 2 FRANCOS

A semana pasada atopamos no patio unha moeda moi rara!
Era de plata e tiña uns debuxos moi raros.
Investigamos a súa orixe e escribimos na libreta como cremos que chegou ao noso patio de recreo.







lunes, 19 de octubre de 2015

O TRABALLO POR EQUIPOS

A semana pasada continuamos cos equipos antes do recreo.
Aquí vos amosamos o que traballamos.



O CUMPLE DE ZOE

Aínda que Zoe xa cumpriu os 5 anos polo verán... non quixo pasar sen festexalo con nós.
Moi bonita e moi rica a tarta que fixo coa súa mamá!




O TRABALLO POR EQUIPOS

Continuamos traballando por equipos. Coma sempre, atendemos á lecto-escritura (letra O e letra u) e á lóxica-matemática (nº8, a simetría, as series).



O CUMPLE DE SARA

O 6 de outubro Sara cumpriu 5 anos.
Pedazo de tarta nos trouxo!




VISITA DE TRINKETRINKE

O pasado 6 de outubro visitounos o grupo de teatro Trinketrinke: Fuco e a súa amiga a ratiña actuaron para nós na biblioteca do noso colexio (debido ás inclemencias metereolóxicas).
Asistimos co alumnado de 4 anos A, B e C e pasámolo moi ben.


Pediron un axudante e tocoulle ao noso compañeiro Hugo N.



O CUMPLE DE MANU

O pasado 25 de setembro, Manuel fixo 5 anos. Por desgraza, non poiden asistir ese día ao colexio... pero seguro que o pasaron xenial.



COMEZOU O OUTONO

O 23 de setembro demos comezo ao outono.
Para ambientar un pouco a aula fixemos un mural.
Cada neno/a, conforme ía acabando o traballo, coloreou un folio de 3-4 cores con ceras Manley.
Unha vez que tiñamos todos os folios coloreados montamos o mural.

Xa só faltaba poñerlle un tronco dunha árbore, unhas nubes con vento, unhas cantas follas e... MURAL ACABADO!

O CUMPLE DE GABI

O pasado 22 de setembro Gabriel fixo 5 aniños e no cole festexámolo.



TRABALLAMOS POR EQUIPOS

Cara finais do mes de setembro comezamos a traballar por equipos (azul, vermello, amarelo e verde).
Cada día, cada equipo fai un traballo diferente antes do recreo: lecto-escritura (abecedario, vogais en minúscula...), lóxica-matemática, plástica... Cada semana varía o tipo de traballo.
Gústanos moito traballar así e facémolo bastante ben para estar comezando.
Aquí vos amosamos o noso primeiro traballo por equipos.






miércoles, 14 de octubre de 2015

AMOSÁMOSVOS A NOSA AULA

- O noso recuncho das rutinas


- O recuncho das novas tecnoloxías (Tic´s)

- O noso recuncho da biblioteca de aula

- O recuncho da "cocinita"

- O recuncho de xogos libres
- E o recuncho de puzles e legos