domingo, 27 de mayo de 2012

O CUMPLE DE CHRISTIAN

O mesmo luns tamén celebramos o cumple de Christian. Degustamos unha tarta de chocolate riquísima e ata houbo chuches.


Moitísimas felicidades grandullón!!!

CONTACONTOS

O luns 21 todo o alumnado de infantil disfrutamos da actuación dunha contacontos. Todos o pasamos moi ben, tanto os pequechos como os mestres.






domingo, 20 de mayo de 2012

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O mércores celebramos o día das Letras Galegas, para iso coloreamos unha tarxeta de Valentín Paz Andrade e ademais o centro repartiu a cada clase unha larpeira con 25 poemas, un para cada neno/a. Resultou moi gracioso posto que aínda que insistín que o doce era do cole todos os pequechos non me creron e dicían que era a miña tarta do cumple posto que ese mesmo día a profe chegou ao cuarto de século... puf... 25 anazos!!!


domingo, 13 de mayo de 2012

NOTA INFORMATIVA

A nosa curta xa está colgada na web da Televisión de Galicia. Anímovos a que visitedes a páxina pinchando no seguinte enlace para ver as curtas dos outros centros.

CRTVG

martes, 8 de mayo de 2012

A NOSA CURTAMETRAXE

Hoxe por fin entregamos a curta do conto Loboferoz. Pouco máis e non nos dá tempo posto que o prazo rematábanos mañá pero o colexio xa se encargou de enviala hoxe á Televisión de Galicia. Fixémola con moita ilusión. Por eso esperamos que vos guste.

domingo, 6 de mayo de 2012

FELIZ DÍA DA NAI

Moitas felicidades a todas as mamás. No cole para este día realizamos uns regaliños: unha especie de matriuska (boneca rusa) simulando a unha carapuchiña vermella que vestimos de acordo coas cores das nosas mesas (amarelo, laranxa, verde e azul) e unha tarxeta coa silueta da man para lembrarlles ás mamás o moito que as queremos. Espero que vos gustaran.