É certo que a final de curso moito do material que fixemos estaba esnaquizado pero de tanto usalo.
Aínda así, aquí amosámosvos algún do material que expuxemos.
A nosa valoración do proxecto podía ser mellor, pero podemos dicir que ten un aprobado. A culpa foi nosa, nunca traballaramos o Consumo en si con nenos/as tan pequenos e esperabamos que captaran as ideas moito máis facilmente. Aínda así, estamos contentas co proxecto desenvolvido, en outra ocasión, plantearémolo doutro xeito.
Aquí vos amosamos como cada mestra valora a consecución de cada un dos obxectivos propostos.
O alumnado de infantil que non participou no desenvolvemento do proxecto xa foron coñecendo o material a medida que fun realizando o Taller de Cantos e Contos.
A eles si que lles gustou e pensamos que moito!
domingo, 28 de junio de 2015
UN AGASALLO DIFERENTE: AGASALLÁMOSNOS CON CANCIÓNS, BAILES...
Este curso, na Educación Infantil, para facer conscientes aos pequenos/as que un agasallo non ten porque ser algo mercado, caro e súper grande, procuramos concienzalos que un debuxo é un agasallo moi fermoso, o mesmo ocorre coas palabras, coas cancións, cos bailes... Para iso, fixemos un festival no que cada clase (das 8 que somos) agasallaron ás demais con cancións, bailes... Aproveitamos o día das Letras Galegas para facelo.
Os nenos/as de 4 anos captaron moi ben a idea, non podemos dicir o mismo de todos os pequechos/as de 3 anos.
Os nenos/as de 4 anos captaron moi ben a idea, non podemos dicir o mismo de todos os pequechos/as de 3 anos.
XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO PARA O TALLER CANTOS E CONTOS
Nesta entrada amosámosvos máis personaxes/obxectos que fixemos para o taller de cantos e contos, incluído o "teatrillo" de cartón e madeira.
XOGUETES, XÉNERO E PUBLICIDADE
Entre os estudos que fixemos cos nenos e nenas de 3 anos A e 4 anos B estaba o análise de cómo lles inflúen os anuncios publicitarios á hora de escoller xoguetes e o xénero.
Un xoguete de todos os nenos e nenas é a bicicleta. Non obstante, no mercado atopamos separadas as que van dirixidas a nenos e as que van dirixidas ás nenas.
Nós démoslle unha ficha coa fotografía a cada neno/a de 4 anos para que a coloreasen como se fose a súa bici ideal.
Gustaríanos destacar como a colorear dous xemelgos: unha nena e un neno.
Non fai falla mirar o nome para saber cal é a do neno e a da nena non?
Ocorreu esto en case todas, non obstante, tamén hai nenos que lles gusta de cor rosa, nenas que as prefiren azuis...polo que procuramos concencialos de que calquer cor é apto para calquera sexo.

AGASALLOS BARATOS, NATURAIS E FEITOS POR NÓS.
Este curso, debido a que tiñamos posto en marcha un proxecto sobre Consumo e ao mesmo tempo o noso proxecto anual de centro trataba sobre As Plantas Medicinais, para agasallar aos nosos papás e mamás polo seu día decidimos realizar agasallos baratos, naturais e elaborados polos propios nenos/as.
Así foi, para os papás fixemos unhas bolsiñas aromáticas nas que os nenos/as desfixeron follas de eucalipto, botáronas nun anaquiño de tela e nós atamos. Quedaron moi fermosas: un agasallo sinxelo!
Para o día das mamás escollemos entre dúas opcións: elaboración de xabóns naturais ou sales de baño.
No caso do xabón os nenos/as derreteron a glicerina, botaron colorante, esencia e botamos ao molde.
Nos sales, os nenos/as raiaron limón, botaron colorante, esencia, remexeron todo co sal e listo!
Aquí o resultado final:

XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO
Aquí vos amosamos algúns dos xoguetes que fixemos.
Unha casa (coa caixiña vacía duns bombóns, que enchemos de area), un elefante (con botellas) e persoas (con botes de iogur bebible).
Unha casa (coa caixiña vacía duns bombóns, que enchemos de area), un elefante (con botellas) e persoas (con botes de iogur bebible).
XOGUETES EDUCATIVOS SEN GASTAR
A profe Vanesa fixo uns xoguetes súper sinxelos cos que traballar conceptos matemáticos e xogar libremente.
Aínda que eran de cartón, os nenos/as coidáronnos moi ben!
Aínda que eran de cartón, os nenos/as coidáronnos moi ben!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)