O venres pola mañá vivimos unha xornada moi intensa.
Viñéronnos visitar os Reis Magos, entregámoslles as cartas... e despois fixemos unha gran festa na aula.
viernes, 28 de diciembre de 2012
UN AGASALLO MOI DOCE
Na última semana de cole, Christian tróuxonos unhas galletas de Nadal que fixo coa axuda de súa mamá.
Estaban boísimas!!!
Moitas grazas.
*Non poiden publicar antes porque a miña cabeza ten tantas cousas dentro...que deixei o cable da cámara de fotos en Carballo.
Estaban boísimas!!!
Moitas grazas.
*Non poiden publicar antes porque a miña cabeza ten tantas cousas dentro...que deixei o cable da cámara de fotos en Carballo.
sábado, 22 de diciembre de 2012
domingo, 16 de diciembre de 2012
O CUMPLE DE NICO
O mércores festexamos o último cumple do ano, os catro anos de Nico.
Cada neno/a levou para casiña un regalo sorpresa.
Moitísimas felicidades Nico e moitas grazas familia!!!
Cada neno/a levou para casiña un regalo sorpresa.
Moitísimas felicidades Nico e moitas grazas familia!!!
O CUMPLE DE CARLA
O luns celebramos os catro aniños de Carla.
Pasámolo xenial e comemos unha tarta riquísima.
Moitísimas felicidades pequecha!!!
Pasámolo xenial e comemos unha tarta riquísima.
Moitísimas felicidades pequecha!!!
UN ADORNO DE NADAL
Durante os últimos días estivemos facendo un adorno para colgar na árbore de Nadal das nosas casas.
Uns anxiños peculiares.
O material necesario foi:
- Pequenas piñas naturais (para o corpo)
- Abelás (para a cabeza)
- Pelo sintético.
- Cinta de lazos (para as ás)
- Cuentas de madeira (para os pés)
- Rotuladores e témperas.
Aquí volos amosamos.

domingo, 2 de diciembre de 2012
O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O pasado domingo 25 de novembro celebrouse o día internacional contra a violencia de xénero.
O luns, na clase, ademais de realizar unha ficha sobre o tema, fixemos unha pequena representación da que vos amosamos unhas fotografías.
O luns, na clase, ademais de realizar unha ficha sobre o tema, fixemos unha pequena representación da que vos amosamos unhas fotografías.
domingo, 25 de noviembre de 2012
AS NOSAS POSTAIS DE NADAL
Xa temos preparadas as postais de Nadal coas que participamos nos concursos do cole e do Concello.
Aquí volas amosamos.
Agardamos que vos gusten.
Aquí volas amosamos.
Agardamos que vos gusten.
O CUMPLE DE CLARA
O martes Clara cumpriu 4 aniños.
Degustamos unha orixinal tarta e regalounos a todos chocolate para endulzar o padal.
Degustamos unha orixinal tarta e regalounos a todos chocolate para endulzar o padal.
NO TALLER DE EXPERIMENTOS...
O luns, a profe Vanesa, realizou un experimento cos pequechos que nos veu moi ben para lembrar o proxecto do curso pasado Fun ovo!
Consistía en botar un ovo nun recipiente con alcol e observar como o clara do ovo se ía solidificando.
Tras unha media hora o ovo estaba frito.
Os nenos/as aprenderon que o alcol é capaz de dar tanta calor que pode fritir un ovo.
Os nenos/as aprenderon que o alcol é capaz de dar tanta calor que pode fritir un ovo.
domingo, 11 de noviembre de 2012
miércoles, 7 de noviembre de 2012
NOTA INFORMATIVA
Ola familias.
Anímovos a que visitedes o blog do equipo de dinamización da lingua galega do noso cole.
Así, poderedes enterarvos doutros aspectos educativos do centro e mesmo da Educación Infantil (por exemplo ver o vídeo da nosa obra de teatro do día do Samaín).
Chámase A Voz do Bergantiños e o enderezo é o seguinte: avozdobergantinhos.blogspot.com.es.
Tamén podedes acceder a el dende a marxe esquerda deste blog.

martes, 6 de noviembre de 2012
domingo, 4 de noviembre de 2012
DAMOS A NORABOA A MICHEL
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, entregamos en cada ciclo 3 diplomas ás cabazas máis orixinais.
De entre todas as de 4 anos gañou a de Michel, que ademais estaba relacionada coa temática do noso proxecto.
Noraboa Michel e papis polo voso traballo.
De entre todas as de 4 anos gañou a de Michel, que ademais estaba relacionada coa temática do noso proxecto.
Noraboa Michel e papis polo voso traballo.
UN AGASALLO DO SAMAÍN
As mestras de Educación Infantil agasallamos a cada neno/a con un chupa-chups disfrazado de vampiro.
O material preciso para elaboralo foi:
- Papel de celofán vermello.
- Fieltro negro.
- Limpiapipas.
- Ollos móbiles.
- Pegatinas brancas.
- E como non, chupa-chups.
Esperamos que vos gusten.
O material preciso para elaboralo foi:
- Papel de celofán vermello.
- Fieltro negro.
- Limpiapipas.
- Ollos móbiles.
- Pegatinas brancas.
- E como non, chupa-chups.
Esperamos que vos gusten.
domingo, 28 de octubre de 2012
O CUMPLE DE PABLO
O venres celebramos os 4 aniños de Pablo. Todos estabamos moi preocupados por se non viña, xa que foi ao médico antes, pero ao final... FESTA!!!
Comemos un biscoito riquísimo personalizado con velas do noso proxecto "A illa do tesouro" e cada nen@ levou un regaliño sorpresa para a casa.
Moitísimas felicidades!!!
Comemos un biscoito riquísimo personalizado con velas do noso proxecto "A illa do tesouro" e cada nen@ levou un regaliño sorpresa para a casa.
Moitísimas felicidades!!!
OS COCOS
Durante esta semana estivemos experimentando cos froitos das palmeiras: os COCOS.
Puxémonos mans á obra:
- Vaciamos a auga dos cocos.
- Tod@s probamos a súa auga aínda que non nos gustou moito.
- O profe Víctor, coa axuda dun martelo, rompeunos os cocos.
- Probamos a súa pulpa.
- Degustamos unhas cocadas riquísimas que nos fixo a mamá do profe Víctor (mil grazas).
- Comemos iogur de coco.
- ...
En definitiva, que foi unha semana dedicada ao coco.
Como mestra, estou moi contenta de que todos os nenos e nenas probaran de todo aínda que non lles soubera.

domingo, 21 de octubre de 2012
XA ESTÁ CHEGANDO O SAMAÍN!
Aquí vos presentamos un pequeno adianto.
O CUMPLE DE ADRIÁN
O pasado luns celebramos o cumple de Adrián. Aínda que xa fixo os 4 aniños polo verán, non quixo deixarnos sen a súa festa.
Moitísimas felicidades!
Moitísimas felicidades!
domingo, 14 de octubre de 2012
O CUMPLE DE ALBERTO
O pasado mércores celebramos o cumple de Alberto.
Cada nen@ levou un detalliño para casa e pasámolo moi ben.
Moitísimas felicidades!!!
Cada nen@ levou un detalliño para casa e pasámolo moi ben.
Moitísimas felicidades!!!
lunes, 8 de octubre de 2012
UN NOVO PROFE
Durante uns días contaremos na nosa aula coa axuda do profe Víctor, que está pasando o seu período de prácticas da universidade connosco.
Esperemos que estea moi contento e que aprendamos moito con el.
Esperemos que estea moi contento e que aprendamos moito con el.
domingo, 30 de septiembre de 2012
QUE É UNHA ILLA?
Durante esta semana estivemos traballando a palabra PORCIÓN para poder definir unha illa.
Para iso estivemos xogando con plastilina a facer pizzas e a repartir entre os compañeir@s as porcións.
Aprendemos moi ben o que significa dita palabra e a partir de aí comezamos a describir unha illa.
Seguiremos traballando no tema pero a algún nen@ xa lle quedou moi claro.

ABRÍMOLO TESOURO!!!
VAIA SORPRESA LEVAMOS O MARTES!!!
Estábamos tan tranquilos realizando as rutinas de entrada cando uns fortes golpes sacudiron a nosa porta. Tod@s os mestr@s e nen@s saímos a ver o que pasara e xa non vimos nada nin a ninguén.
Sen embargo... diante da nosa porta estaba unha botella cun mapa e cunha chave. Xa no momento soubemos que fora o noso amigo o pirata Júpiter que nos veu a traer a chave do tesouro.
Abrímolo e bufff... mirade cantas cousas había dentro.

martes, 25 de septiembre de 2012
FRASES PARA O RECORDO
A partir de hoxe, creamos unha nova sección no noso blog na que se irán amosando as frases máis divertidas dos nosos pequechos.
Poderedes velas na marxe dereita.
Aquí vos deixo as primeiras deste curso:
- (Abrimos o noso tesouro e...) "Ohh... un billete violeta... Eso es muuuucho dinero... Mi mamá tiene uno" (Manu 25/09/2012)
- " Profe... Eu son ghuapa... Ti es ghuapa... Pero hainos feos... pero feos ehh!!!" (Paula 17/09/2012)
- Eu dígolle a unha nena que veu moi guapa e Michel replica con ironía "hay dinero..." (Michel 17/09/2012)
Poderedes velas na marxe dereita.
Aquí vos deixo as primeiras deste curso:
- " Profe... Eu son ghuapa... Ti es ghuapa... Pero hainos feos... pero feos ehh!!!" (Paula 17/09/2012)
- Eu dígolle a unha nena que veu moi guapa e Michel replica con ironía "hay dinero..." (Michel 17/09/2012)
sábado, 22 de septiembre de 2012
A NOSA ILLA DO TESOURO
Unha palmeira e o cofre do tesouro xa están na nosa aula.
O caso foi que nos atopamos cuns cantos problemas: á palmeira faltábanlle os cocos polo que os tivemos que facer e o peor de todo...ROUBÁRONNOS A CHAVE DO TESOURO.
Agora estamos á espera de que un pirata moi bo chamado JÚPITER nos axude a recuperala para poder ver o que garda dentro o noso fantástico tesouro.

Tras unha reunión do profesorado de Educación Infantil coa ANPA decidimos, en principio, voltar ao horario de recreo que tiñamos o curso pasado xa que é o mellor para a educación dos pequenos.
Só destacar que para min foi unha reunión demasiado tensa e na que o pasei realmente mal.
Só destacar que para min foi unha reunión demasiado tensa e na que o pasei realmente mal.
O NOSO NOVO COMPAÑEIRO
Javier Facal, o noso novo compi, adaptouse perfectamente ás rutinas da aula.
Foi todo un campión, que nin unha bágoa botou.
Foi todo un campión, que nin unha bágoa botou.
miércoles, 19 de septiembre de 2012
O NOSO PRIMEIRO PROXECTO
Durante este primeiro trimestre traballaremos sobre a illa do tesouro. Adentrarémosnos en conceptos como illa, palmeiras, froitos das palmeiras... e como non, OS PIRATAS.
Nesta semana os 25 pequerrechos comezaremos a profundizar no tema.
miércoles, 12 de septiembre de 2012
O PRIMEIRO DÍA DE COLE
Hoxe foi o primeiro día de cole e pasámolo xenial. Só houbo dúas bágoas contadas que en menos de un minuto desapareceron.
Adicamos case toda a mañá a falar das nosas vivencias do verán e a presentar ao noso novo compi Javier F. Ademais, como dous nenos máis puxeron gafas, fixemos unha asemblea sobre as gafas: para que as usan, o coidado que precisan, etc.
Despois de merendar e saír ao recreo, os nenos o que realmente tiñan era ganas de traballar polo que collemos pinturas, lapis, ficha e a traballar.
Aquí vos amosamos algunhas imaxes.

lunes, 10 de septiembre de 2012
O NOSO HORARIO
De momento o noso horario é o que se amosa máis abaixo.
En canto á sesión de informática, os nenos irán cada dúas semanas xa que farei grupos de 12/13 nenos.
Do mesmo xeito, infórmovos que as novas mestras dos vosos pequechos son:
- MÚSICA: Irene.
- INGLÉS: Ana Isabel.
- MESTRA DE APOIO ( informática, etc ): Marta.
- MESTRA DE APOIO ( psicomotricidade, etc ): Vanesa
En RELIXIÓN seguirá sendo a mestra Ana Belén.

TEMOS UN NOVO COMPAÑEIRO
Se o curso pasado despedimos a Mateo C. este curso teremos que dar a benvida a un novo neno.
JAVIER F.
JAVIER F.
lunes, 25 de junio de 2012
DESPEDIMOS O CURSO.
Os nenos e nenas de 3 anos B despedimos o curso bailando xa que para o vindeiro curso xa seremos de 4.
O ÚLTIMO DÍA DE COLE
O venres rematou o cole e para celebralo viñemos tod@s moi guap@s. Ademais, vivimos unha xornada moi intensa xa que fixemos unha gran festa xunto cos nen@s de 3 anos C. Comemos chuches, gusanitos, patacas fritas, pelotazos, napolitanas, galletiñas... e unha vez fartos puxémonos a "destrozar" a clase, jaja. E como non, entre tanto nen@ era raro que non houbese algunha pelexa polo que tamén houbo algún que outro choro.
DESPEDÍMONOS DE MATEO CALZAS
Este curso tivémonos que despedir de Mateo Calzas: un neno super encantador, moi traballador, tímido... Seguro que o imos botar moito en falta.
Esperamos que o pases moi ben no teu novo cole.
Esperamos que o pases moi ben no teu novo cole.
O CUMPLE DE JAVI
O xoves pasado celebramos, por adiantado, o cumple de Javi. Pasámolo xenial.
Moitísimas felicidades campión!!!
jueves, 21 de junio de 2012
AS NOSAS CANCIÓNS PARA A FESTA
Onte, a profe colleu lapis e papel para anotar as cancións que os peques queren escoitar o venres para celebrar a festa de fin de curso.
Como algunha non a identificaba non quedou máis remedio que cantasen un pouquiño.
Algunhas delas son...
Como algunha non a identificaba non quedou máis remedio que cantasen un pouquiño.
Algunhas delas son...
miércoles, 20 de junio de 2012
XA TEMOS REMATADOS TODOS OS TRABALLOS
Xa só quedan dous días de clase e por iso xa temos todos os traballos preparados para levar para casa.
Amosámosvos as nosas portadas das actividades de lecto-escritura, lóxica-matemática e plástica.
Amosámosvos as nosas portadas das actividades de lecto-escritura, lóxica-matemática e plástica.
PARA DAR ENVEXA A OUTRAS PROFES
Hoxe recibín un regalo moi bonito das "miñas mamás": unha pulsera chulísima. Tedes moi bo gusto!!!
MIL GRAZAS!!!
MIL GRAZAS!!!
NOTA INFORMATIVA
Para ver a revista escolar do noso cole pinchade na imaxe. É moi fácil atoparnos xa que somos os primeiros.
domingo, 17 de junio de 2012
O PROXECTO: EST@ SON EU
Esta semana demos por rematado o proxecto "Est@ son eu". Aquí vos amosamos as fichas.
O NOSO ARTIGO DA REVISTA ESCOLAR
Este curso a revista "A nosa voz" só se poderá ver en formato dixital, na web do noso colexio. Desde a nosa clase realizamos un breve repaso ao curso amosando unhas imaxes e citando unhas frases. Pinchando na imaxe poderedela ver máis grande. Espero que sexades capaces de lelo.
domingo, 10 de junio de 2012
O PROXECTO FUN OVO! CHEGOU AO SEU FIN
Esta semana rematamos o proxecto Fun ovo! Foi moito o que traballamos e o que aprendemos.
EXCURSIÓN Á GRANXA O VENTOSO
O luns día 4 marchamos de excursión ata a Laracha. Visitamos a granxa O Ventoso.
Pasámolo xenial pero acabamos todos moi pero que moi cansos xa que...
- Visitamos os diferentes cabalos.
- Cepillamos e acariciamos un pony.
- Démoslle de comer.
- Visitamos o invernadoiro.
- Plantamos unha leituga.
- Démoslles de comer ás cabras.
- ...
- E como non, demos unha volta en cabalo todos menos Hugo, Nico, Javi e Paula que non quixeron.
Aquí veredes unhas poucas imaxes pero no CD que se vos entregará a final de curso irán moitas máis.

domingo, 3 de junio de 2012
UNHA SEMANA DE MOITO TRABALLO
Esta semana a profe está moi contenta cos seus pequechos posto que foi moito o que traballaron. Cada nen@ estivo moi concentrado na súa tarefa e actuando moi autonomamente.
Nestas imaxes o comprobaredes.
Nestas imaxes o comprobaredes.
domingo, 27 de mayo de 2012
O CUMPLE DE CHRISTIAN
O mesmo luns tamén celebramos o cumple de Christian. Degustamos unha tarta de chocolate riquísima e ata houbo chuches.
Moitísimas felicidades grandullón!!!
Moitísimas felicidades grandullón!!!
CONTACONTOS
O luns 21 todo o alumnado de infantil disfrutamos da actuación dunha contacontos. Todos o pasamos moi ben, tanto os pequechos como os mestres.
domingo, 20 de mayo de 2012
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O mércores celebramos o día das Letras Galegas, para iso coloreamos unha tarxeta de Valentín Paz Andrade e ademais o centro repartiu a cada clase unha larpeira con 25 poemas, un para cada neno/a. Resultou moi gracioso posto que aínda que insistín que o doce era do cole todos os pequechos non me creron e dicían que era a miña tarta do cumple posto que ese mesmo día a profe chegou ao cuarto de século... puf... 25 anazos!!!
domingo, 13 de mayo de 2012
NOTA INFORMATIVA
A nosa curta xa está colgada na web da Televisión de Galicia. Anímovos a que visitedes a páxina pinchando no seguinte enlace para ver as curtas dos outros centros.
CRTVG
CRTVG
martes, 8 de mayo de 2012
A NOSA CURTAMETRAXE
Hoxe por fin entregamos a curta do conto Loboferoz. Pouco máis e non nos dá tempo posto que o prazo rematábanos mañá pero o colexio xa se encargou de enviala hoxe á Televisión de Galicia.
Fixémola con moita ilusión. Por eso esperamos que vos guste.
domingo, 6 de mayo de 2012
FELIZ DÍA DA NAI
Moitas felicidades a todas as mamás. No cole para este día realizamos uns regaliños: unha especie de matriuska (boneca rusa) simulando a unha carapuchiña vermella que vestimos de acordo coas cores das nosas mesas (amarelo, laranxa, verde e azul) e unha tarxeta coa silueta da man para lembrarlles ás mamás o moito que as queremos.
Espero que vos gustaran.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)