martes, 31 de enero de 2012

O DÍA DA PAZ

Onte todo o alumnado do centro saímos ao patio, co noso pin da paz, para celebrar este día. Alí recitamos un fermoso poema,o alumnado de sexto de primaria cantounos unha canción en inglés e despois todos xuntos, tocando as nosas maracas,bailamos ao son da canción "Color Esperanza" de Diego Torres.


E TI...¿ACASO O SABÍAS?

Durante a semana pasada estivemos investigando A ORIXE DA TORTILLA FRANCESA pois... pese ao seu nome non é orixinaria de Francia senón que ten unha orixe española.
Todo ocorreu durante a Guerra da Independencia, cando os franceses nos invadiron e nos deixaron sen alimento, entre eles a pataca. De aí que non se poidera facer a típica tortilla de patacas, tiña que ser só de ovos.

Para explicar esta famosa guerra inventei unha historia na cal aos nenos lles quedou moi claro quen foi NAPOLEÓN.
Según eles "un rei que vivía en Francia, que tiña unha gran coroa e unha gran espada e que era moi pero que moi malo, pois deixounos sen patacas".

O ÚLTIMO CUMPLE DE XANEIRO

O pasado día 24 celebramos os 4 aniños de Mateo Fuentes.



Moitísimas felicidades!!!

martes, 24 de enero de 2012

O NOSO MURAL

No día de hoxe rematamos o mural do proxecto Fun ovo!!! dando as últimas pinceladas a un famoso cadro de Joan Miró chamado "Gallo". O resultado foi o seguinte.


Espero que vos guste.

domingo, 22 de enero de 2012

A TORTILLA FRANCESA

Esta semana fixemos unha asemblea para anotar os utensilios/ingredientes necesarios para realizar unha tortilla francesa. Dixéronse os seguintes:
- Os ovos.
- Unha plancha/sartén.
- Unha batidora/tenedor.
- Unha paleta.
- Platos.
- Tenedores.
- Coitelo.
- Un pouco de aceite.
- Un pouco de sal.

Ao día seguinte puxémonos mans á obra.


1º Preparamos os ingredientes.


2º Batemos os ovos.


3º Poñemos a sartén ao fogo cun chorriño de aceite e botamos os ovos batidos.


4º Movemos a sartén para que a tortilla non se pegue.


5º Sacamos a tortilla francesa do fogo e cortámola.


6º Degustámola.


Mmmmmmm!!! Estaba riquísima!!! pero quedounos unha gran dúbida...

¿POR QUE SE CHAMA TORTILLA FRANCESA?
(a vindeira semana investigarémolo).

OS CUMPLES DESTA SEMANA

O luns 16 de xaneiro celebramos o cumple de Brais e tan só dous días despois o cumple de Lucía.
Aquí vos amosamos algunhas fotos.





MOITAS FELICIDADES AOS DOUS!!

domingo, 15 de enero de 2012

O NOSO SEGUNDO PROXECTO




Durante esta primeira semana de cole, tralas vacacións, puxémonos a artellar no noso segundo proxecto: ¿QUE PODE SAIR DUN OVO?.
Na asemblea saíron ideas do máis diversas: unha tortilla, filloas, unha pedra, ... e Mateo C. dixo que tamén podía saír un pitiño.


A asemblea foi super divertida.

O PRIMEIRO CUMPLE DO ANO

O pasado xoves Mateo Lema cumpliu os seus 4 aniños.


Moitas felicidades grandullón.

miércoles, 11 de enero de 2012

REMATAMOS O NOSO PRIMEIRO PROXECTO

Aquí vos amosamos as fichas que realizamos sobre as uvas.
Agora xa estamos a preparar un novo proxecto.
Que tema trataremos?...
En poucos días darémosvolo a coñecer.