O luns 23 celebramos o día do libro. Tivemos a sorte de que as mestras de primaria nos convidaran a todos os nen@s de 3 anos a escoitar os contos e historias que os alumn@s participantes no concurso "Tíralle da lingua" representaron este xoves en Santiago. Do mesmo xeito, dende o equipo da biblioteca, a profe Belén deunos un marcapáxinas para cada nen@ cunha ilustración do escritor que será homenaxeado nas Letras Galegas este ano: Valentín Paz Andrade.